View Full Version : GALICIA | Plan de Ordenación do Litoral


ddgrandio
August 27th, 2010, 12:13 PM
Levo un tempo buscando un oco para inserir información sobre este Plan de Ordenación tan importante para Galicia. Non atopei ningún thread aberto sobre el, se existe facedemo saber e o traslado, pero creo que por importancia e, sobre todo, pola gran cantidade de información que están a liberar merece un apartado própio.

Esto levará varios días, pero hoxe, como regalo comezamos coa nova da liberación con licenza Creative Commons* de máis de 10.000 imaxes oblicuas xeoreferenciadas de toda a costa de Galicia. Se tedes instalado Google Earth só tedes que clickar sobre Fotos_oblicuas_POL.kmz neste enlace (http://www.xunta.es/litoral/web/explorer.php?dir=descargables%2FGL%2FFito+6.-+Aprobacion+Inicial+e+participacion+publica+e+consultas%2F02_Documento+de+Aprobacion+Inicial%2FDocumentaci%C3%B3n+gr%C3%A1fica%2FFOTOS_OBLICUAS)

*http://es.creativecommons.org/licencia/

http://img535.imageshack.us/img535/9279/polxfs.jpg

Enlaces de interese

web do POL (http://www.xunta.es/litoral/)
Grupo de Facebook (http://www.facebook.com/#!/pages/Galicia/Plan-de-Ordenacion-del-Litoral-de-Galicia/222018515922)
-> Informan instantáneamente cando liberan novos datos
Visor cartográfico do POL (http://www.xunta.es/litoral/web/index.php/cartografia)
->Podedes descargar os planos de todas as follas cartográficas a 1:20.000 sobre o seguintes fondos
* Ortofoto_1956-57
* Ortofoto PNOA 2007-08
* Planeamento Urbanístico
* Planeamento sectorial
* Usos e elementos para a valoración
* Modelo territorial
* Modelo de xestión

Arquivos .kmz para visualizar as seguintes capas do POL en Google Earth (http://www.xunta.es/litoral/web/explorer.php?dir=descargables%2FGL%2FFito+6.-+Aprobacion+Inicial+e+participacion+publica+e+consultas%2F02_Documento+de+Aprobacion+Inicial%2FDocumentaci%C3%B3n+gr%C3%A1fica%2FKML%2FWMS)
* ModeloTerritorial.kmz
* ModeloXestion.kmz
* Ortofoto1956-1957.kmz (polo de agora ten un problema de desprazamento que aínda non resolveron)
* PlaneamentoSectorial.kmz
* PlaneamentoUrbanistico.kmz
* Usos.kmz

ddgrandio
August 27th, 2010, 12:40 PM
Recomendovos botar un ollo ós planos sobre as fotografías aéreas do chamado Vóo Americano dos anos 1956-1957 para comparar coa actualidade. Moitas sorpresas.

Para mostra, un botón...
http://img827.imageshack.us/img827/8043/pol2t.jpg

diniss
August 27th, 2010, 12:47 PM
^^

estupenda informacion ddgrandio!

hercon
August 27th, 2010, 02:51 PM
desde luego! gracias

ddgrandio
August 27th, 2010, 06:40 PM
Pensei que colgara a de antes e a de agora. Ahi vai a outra para comparar o porto de Vigo hai cincuenta anos.

http://img291.imageshack.us/img291/3870/pol3m.jpg

miñaterragalega
August 27th, 2010, 09:42 PM
que boa ferramenta!

ddgrandio
September 13th, 2010, 05:38 PM
Sanxenxo 1956 Vs Sanxenxo 2008
http://img69.imageshack.us/img69/3856/sx1l.jpg
http://img291.imageshack.us/img291/6733/sx2rm.jpg

Pharum Brigantium
September 14th, 2010, 12:24 PM
Interesantísimas imaxes, moitas gracias!

ddgrandio
September 26th, 2010, 12:30 PM
Estos dias están a bombardear co novo anuncio do POL en tv e, sobre todo en diarios dixitais. A verdade é que lles quedou espectacular.

WP7eLUuE0Rk


Por certo, non recoñezo o lugar que aparece no segundo 14, ¿alguén sabería dicir onde é?

xordo
September 26th, 2010, 09:39 PM
É o porto de Rinlo, no concello de Ribadeo, ó lado das catedrais e famoso polo seu arroz con lubrigante.

Pharum Brigantium
January 18th, 2011, 07:51 PM
Por certo, non recoñezo o lugar que aparece no segundo 14, ¿alguén sabería dicir onde é?
Diría que se trata do Porto de Rinlo, no Concello de Ribadeo.

Master_AS
January 19th, 2011, 12:59 AM
Bien podían ir colgando todas las imágenes del vuelo americano.
Yo pude acceder a las de Santiago en persona pero no pude escanearlas, una pena.

ddgrandio
January 19th, 2011, 10:48 AM
Bien podían ir colgando todas las imágenes del vuelo americano.
Yo pude acceder a las de Santiago en persona pero no pude escanearlas, una pena.

No Arquivo do Reino de Galicia podes acceder a todas as follas do vóo americano en galicia, fas unha petición de follas previa consulta do mapa guía e che graban as imaxes en dixital nun dvd. Eso sí, o dvd o pagas tí.

Eu sí puiden ver as imaxes do vóo americano de Compostela e son bastante espectaculares, sobre todo se as comparas con ortofotos actuais!