View Full Version : Descubrindo a RFG (seica non é urbanismo, pero é interesante..)


cellete
March 18th, 2005, 02:24 PM
Unha orquestra que sempre está 'en zona de Champions'

Son corenta e seis músicos e proceden dun total de dezanove países diferentes. Húngaros, alemáns, filipinos, galegos,..., conseguiron que a Real Filharmonía de Galicia, que ten xa noves anos e está situada en Compostela, sexa hoxe en día unha das orquestras con maior prestixio de toda España e que pouco a pouco consolide tamén o seu lugar no contexto internacional.

http://img.photobucket.com/albums/v338/cellete/RFG.bmp
Son bos de carallo. Dixo unha vez un crítico musical tras quedar abraiado, logo dun concerto, ante a enorme profesionalidade dos músicos da Real Filharmonía. Situada no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, e lonxe de agochar tras de si unha idea antigaleguista —xa que só a integran catro músicos que proceden da nosa comunidade—, a orquestra consegue ser un claro exemplo de que a multiculturalidade non está rifada co éxito profesional. Como toda formación deste tipo, as audicións do persoal realízanse a nivel mundial e a elas preséntanse músicos de todos os recunchos do mundo. Os mellores son os que conseguen a praza e por iso, hoxe en día na Filharmonía conviven profesionais con dezanove nacionalidades diferentes. A maioría chegaron a Compostela sen case saber falar español e menos galego, pero todos tiñan algo en común: sabían interpretar as mellores pezas de música clásica da historia e saben adaptarse ás novas partituras.
O filipino Luis Ortiz, a húngara Ildiko Oltai, a alemá Anne Schlossmacher e o coruñés Manuel Veiga son catro dos corenta e seis músicos que forman parte na actualidade da orquestra santiaguesa. Cada un de diferente país e con distinta formación, conviven sen problema e están orgullosos de formar parte deste equipo. Con ganas de traballar e de superarse cada día, só teñen unha meta: que cada vez máis xente saiba que en Santiago hai unha orquestra de gran calidade e que a música clásica si é apta para todo tipo de públicos, estean cultivados ou non na materia.

Luis Ortiz toca o contrabaixo. Comezou na música "bastante tarde'', cando tiña que escoller unha disciplina para ir á Universidade. "Estudei Composición en Filipinas e logo probei varios instrumentos, ata que ós 22 anos me decantei polo contrabaixo'', explica. En 1987 marchou a Viena para continuar coa súa formación e foi alí onde soubo de que había unha praza para a Orquestra Sinfónica de Galicia, situada na Coruña. Aprobou e veu para a cidade herculina en 1995. Catro anos máis tarde, conseguiu tamén praza na Filharmonía compostelá e decidiu cambiar de equipo. Agora asegura sentirse moi ben aquí. "En Filipinas, a vida dun músico é bastante dura. A min gustaríame ter a posibilidade de quedar en Austria, porque é a cidade da música, pero sendo estranxeiro, alí non hai oportunidades. Agora, en Compostela síntome moi cómodo, estou moi agusto e teño tres fillas que estudan aquí, que xa son galegas'', di.
Sobre as posibles complicacións de que cada músico sexa dun lugar diferentes, Ortiz considera que "a situación é moi normal, porque todos os compoñentes facemos unha mesma cousa, música, e a música é igual en todos os países, o que é distinto é o ambiente'', di. De feito, o contrabaixista recoñece que "en Austria, os músicos están máis recoñecidos, son máis respectados, e en España, neste sentido, imos un pouco por detrás''.

Ó respecto, Luis Ortiz sorpréndese moito de que "en Santiago, hai moita xente que non sabe que existe esta orquesta. Cando lles digo que toco aquí, pensan que estou na banda municipal ou que toco para a Sinfónica, e iso dame moita pena''. Por iso, non dubida en decir que a solución pasaría por realizar unha campaña de publicidade maior, pero "é cuestión da Administración, do Consorcio e do alcalde da cidade'', cre.

Esta opinión tamén a comparte Ildiko Oltai. Natural de Hungría, comezou no mundo da música con sete anos, na escola normal, onde se decantou polo violín. Tras estudar en Budapest e traballar alí en varias orquestras, en 1996 informouse da audición para a Filharmonía. "Colléronme e viñen probar sorte, pensei que por un ano ou dous e que logo volvería buscar traballo ó meu país, pero o destino cruzouse no meu camiño porque en 1997 coñecín o meu marido, que é galego, e quedei'', lembra. Sobre as diferenzas entre países, Ildiko asegura que "é moi parecido ser músico en Hungría e ser músico aquí, o que é diferente é o sistema económico''. De feito, en Hungría a educación musical é moitísimo máis alta que aquí e alí dáselle moita importancia a esta arte, porque desde os seis anos, os nenos estudan música, o que pode explicar que os músicos doutros países superen en nivel nas audicións ós que son de aquí.

"A diferenza de nacionalidades non é un problema para organizarnos na Filharmonía. Cando empezamos, había moi pouca xente que falase en español, e entón, aínda que os ensaios eran meste idioma, entre nós falabamos en inglés. Cando pasou un ano, xa todos aprendemos a falar rápido e ben, e agora ninguén ten problemas para comunicarse nin para entenderse.

Sobre se a música clásica é só para cultos, Oltai non o dubida: "Eu diríalle a toda a xente que se anime a vir ós nosos concertos, porque somos novos, non somos unha orquestra de xente maior, e así poderán ver que a súa xeración fai unha cousa que ó mellor eles non coñecen. Non é que non lles interese, é que o ignoran e dependen de que alguén lles abra as portas e lles diga que escoiten, que isto é algo bonito. A nós tamén nos gusta a música pop, non escoitamos música clásica día e noite, pero ó revés non é así''.

Por iso, defende que a Filharmonía faga obras populares, fáciles de escoitar, que lles poden gustar e así a xente nova verá que somos xente normal.

Anne Schlossmacher é outras das integrantes da Filharmonía. Naceu en Alemaña e tamén comezou con nove anos, no colexio a tocar o violín. Agora toca a viola. "Viñen para aquí porque me ofrecían un traballo máis estable. Cando cheguei, hai cinco anos, non sabía nada de español, só un pouco de inglés, pero iso non foi problema'', di. "Estamos acostumados a estar rodeados de xente de culturas e idiomas diferentes, porque en todas as orquestras pasa así. Para traballar falas nun idioma e logo na pausa escoitas outros cinco, pero organizámonos ben''.

Para Schlossmacher é "unha honra ter traballo como música'' e tamén anima a xente a que vaia ós concertos para poder valorar se lles gusta ou non esta música, "que non se ergan prexuízos''. E no medio de tanto multiculturalismo, Manuel Veiga é un dos catro galegos que forman parte de Filharmonía. "Ós meus pais sempre lles gustou a música e incluso o meu avó tocaba o clarinete requinto. Esta afección familiar fixo que tamén eu e os meus irmáns nos fósemos introducinco neste mundo''. Veiga ten 22 anos, é o máis novo da orquestra compostelá e comezou a súa formación cunhas clases particulares que lle impartía o fagotista da banda municipal da Coruña. A experiencia gustoulle e agora é el o fagot da Filharmonía, desde o mes de marzo do ano pasado.

"A experiencia de traballar con xente de tantos países diferentes véxoa moi ben. Na orquesta hai un ambiente agradable, eu chego e falo con calquera, non hai ningún problema á hora de entendernos nin de tocar'', asegura.

Sobre a escaseza de galegos no equipo, considera que "xa é todo un logro que sexamos catro, porque noutras orquestras do resto de España, ves que non hai ningún español''..

Consciente de que a música clásica pode ter fama de aburrida entre as novas xeracións, el defende que no fondo, "todo o mundo sabe que é unha tradición moi valiosa na cultura'', por isto os seus amigos, lonxe de miralo como un bicho raro, admírano.

El tamén considera que se lle debe de facer máis publicidade á orquestra para que teña máis público e de feito, no próximo ano, realizarán un spot. Sobre el fala Oriol Roch, un catalán que é o director técnico da Real Filharmonía de Galicia.

"Faremos un esforzo comunicativo co concello para dar a coñecer a orquesta a todo aquel que non saiba que existimos, aínda que a nosa idea é bastarnos por nós mesmos'', explica. "Mira para Zara, ela non ten publicidade pola rúa, pero fixo un produto moi ben enfocado para un público determinado e funciona, pois nós queremos ser así, temos un produto moi bo e queremos que a xente veña, que nos coñeza e saiba que estamos aquí'', defende.

Consciente de como é o carácter galego, Roch tamén recoñece que "moitas veces necesitamos ver que os nosos están saíndo e triunfando no estranxeiro para darnos conta de que son realmente bos''. Por iso, a Filharmonía seguirá conxugando os seus programas no Auditorio de Galicia con xiras por Sudamérica, Francia e o resto de España.

Con recoñecido prestixio en todo o país, este conxunto chegou a tocar con músicos do máis alto nivel, solistas e directores que aceptaron facer programas con eles. "Isto conséguese pagando, pero coidado, non ben calquera ofrecéndolle cartos, depende da orquestra, hai que ter un prestixio para que veñan tocar contigo. Se veñen aquí é porque nós cubrimos o seu caché e porque rexeitaron outros proxectos e consideraron que este, coa Real Filharmonía de Galicia, é moi interesante, porque esta orquesta está nun momento moi doce e está medrando. Estou convencido de que esta tempada e a que vén serán magníficas e xa co décimo aniversario, en 2006, será a eclosión'', vaticina.

Oriol Roch está convencido de que o produto cultural que xestiona é un dos mellores do Estado, por iso non dubidou cando deixou o seu traballo de manager en Barcelona para virse a Galicia. "Non podía rexeitar a oferta, porque como sempre digo eu, se comparamos a orquestra co mundo do fútbol, poderiamos dicir que a Filharmonía sempre está en zona de Champions. E como se dun equipo de fútbol que se prece se tratase, na Filharmonía tamén xogan profesionais de moitos países. "Non é un problema, ó contrario, é algo que enriquece máis esta orquestra. Os colectivos humanos enténdense perfectamente independentemente do idioma'''.

"Eu diríalle a todo o mundo que se deixe sorprender, porque a primeira vez que tomas algo, ó mellor non che gusta, pero logo xa si. A música que interpretamos nós é moi boa. Se a xente nunca escoitou unha orquestra, neste auditorio teñen oportunidade de facelo e a un prezo moi bo, en comparación con outras cidades. Ademais, se son estudantes teñen descontos a maiores'', defende, porque sabe que "as orquestras transmiten certas cousas que para alguen que non teña formación musical pode ser un gran descubrimento''.

Rutenio
March 19th, 2005, 10:09 AM
Catro músicos da comunidade e un deles membro insigne do SSC galego.

cellete
March 19th, 2005, 12:00 PM
Muy amable Rutenio...me voy a sonrojar..

cellete
April 6th, 2005, 10:10 AM
SANTIAGO :: Edición Impresa
La Filharmonía y el flautista Patrick Gallois tocarán mañana obras de Dvorák, Penderecki y Chaikovsky

(la voz | santiago)
?a Real Filharmonía de Galicia, bajo la batuta de su maestro titular, Antoni Ros Marbá, ofrecerá mañana un concierto en el que, teniendo como flautista solista a Patrick Gallois, interpretará un variado repertorio. El programa incluye las Danzas eslavas, op. 46, nº 1, 3 y 8 , de Dvorák (1841-1904); el Concierto para flauta y orquesta , de Penderecki (1933); y la Suite nº 1, op. 71 El Cascanueces , de P. I. Chaikovsky.

Patrick Gallois, el solista que acompañará a la Real Filharmonía en este concierto de abono, pertenece a la generación de músicos franceses con una gran carrera internacional, tanto de solista como de director. Estudió con Jean Pierre Rampal en el Conservatorio de París, y fue nombrado primer flauta de la Orquesta Nacional de Francia, donde estuvo hasta 1984, fecha en la que inició su carrera como solista. Su variado repertorio incluye obras de compositores barrocos, clásicos y románticos, con una fuerte inclinación hacia la música contemporánea.

Gallois tocó estrenos mundiales de muchos conciertos como el Segundo concierto para flauta , de Eric Tanguy, en 1994, y el Concierto de Sallinen , en 1995. Krzystof Penderecki lo invita asíduamente para interpretar su Concierto bajo la dirección del mismo compositor con la Sinfónica de Varsovia, la Filarmónica de Sturgater o la Filarmónica de Japón. También interpreta habitualmente el Concierto de Rautavaara .

Son muchos los compositores que le han dedicado sus obras a Patrick Gallois. El flautista toca regularmente bajo la batuta de directores como Sir Neville Marriner, Lorin Maazel, Antal Dorati o Leif Segerstan, y es invitado con frecuencia por las orquestas más importantes del mundo.


Auditorio de Galicia: Jueves 7, 21h.

cellete
April 26th, 2005, 10:46 AM
O Auditorio reúne o xoves a batuta de Isabel Ramos e o piano de Marta Zabaleta

(la voz | santiago)
A directora Gloria Isabel Ramos e a pianista Marta Zabaleta protagonizan o xoves o concerto de abono do Auditorio de Galicia, interpretado pola Real Filharmonía de Galicia.
Isabel Ramos, que hai dous anos dirixiu un programa do festival de Música de Galicia, é directora titular da orquestra de Córdoba dende o 2001, cometido no que sucedeu a Leo Brouwer. Ten dirixido orquestras como a English Chamber, á Filarmónica e á Sinfónica de San Petersburgo, a Gulbenkian, Mälmo de Suecia, a Nacional de España, a de RTVE ou as sinfónicas de Sevilla e Tenerife.

A pianista vasca Marta Zabaleta ten unha das carreiras concertísticas máis brillantes, iniciada coa obtención de galardóns de certames internacionais coma o Paloma O'Shea , Chopin de Darmstad e o Pilar Bayona , de Zaragoza.

cellete
May 11th, 2005, 10:04 AM
A Filharmonía ofrece un concerto con Zimmermann e Pedro Halffter

(la voz | santiago)
A Real Filharmonía de Galicia volve convocar aos melómanos e afeccionados para este xoves nun concerto dos considerados de luxo. A fronte da orquestra estará o mestre Pedro Halffter, e o violinista Frank Peter Zimmermann intervirá como solista no Concerto para violín nº 2 de Prokofiev.

Neste novo concerto de abono do Auditorio de Galicia, que como sempre dará comenzo ás 21.00 horas, a Real Filharmonía interpretará a obra de David del Puerto (1964) Adagio ; o concerto para violín de Sergei Prokofiev (1891-1953); e a Sinfonía nº1 en Re maior de Franz Schubert (1797-1828).

O director deste programa, Pedro Halffter, naceu en Madrid en 1971 e formouse con relevantes profesores e mestres internacionais de dirección e composición. Ten acadado importantes premios, entre eles o de Novo Director de Orquestra da CEE, outorgado en Venecia en 1997. É director titular e artístico da Filharmónica de Gran Canaria e director artístico da Sinfónica de Sevilla e do Teatro da Mestranza.

Peter Zimmermann (Duisburg, Alemaña, 1965) ten tocado coas principais orquestras e directores internacionais e nas salas e festivais máis importantes. Toca un Stradivarius de 1711 que peteneceu a Frits Kreisler.

cellete
May 19th, 2005, 11:06 AM
«La Real Filharmonía siempre tendrá un lugar en mi corazón»En dos minutos | Helmuth Rilling DIRECTOR DE ORQUESTA
El maestro alemán regresa después de tres años para dirigir un nuevo programa de abono del Auditorio con la formación que puso en marcha hace una década


SANDRA ALONSO
(Concha Pino | santiago)
El maestro alemán Helmuth Rilling estará esta noche al frente de la Real Filharmonía de Galicia, de la que fue su primer director titular, entre 1996 y el 2000, después de ponerla en marcha hace ya diez años. El de esta noche es el segundo concierto que interpreta con la orquesta residente en Compostela después de dejar su dirección.

-Me gusta especialmente venir aquí, y a la orquesta la encuentro en una situación muy buena. Que los músicos son buenos ya lo sabía, no en vano yo elegí a la mayoría, pero hace tres años que estuve aquí, y nunca se sabe lo que puede ocurrir. Pero son buenos, y mantienen la voluntad de hacer buena música y el entusiasmo. Es única en ese sentido. -¿Piensa que debería haber crecido en número? -Esa es siempre una cuestión de filosofía, de política y de dinero. Siempre fue una orquesta de cámara, siempre, y me parece que es la ideal para una ciudad como Santiago. -El programa de esta noche es un monográfico de Bach. ¿Hay algo que no sepa de este compositor? -No, lo conozco todo. Es la base de la Bachakademie y se me considera un especialista en su obra. Pero toco también otras cosas. -¿La Bachakademie Stuttgart sigue siendo el centro de su actividad musical? -Sí, lo es, no sólo con los programas de conciertos, festivales de verano y cursos, sino con la grabación de discos y otras producciones, como una obra de Mendelssonh desconocida, un hallazgo, que compuso cuando sólo tenía 14 años. Es una ópera cómica para solistas y orquesta romántica completa que se titula El tío de Boston . Pero además, y eso me gusta mucho, viajo por todo el mundo como director invitado.

cellete
May 19th, 2005, 11:08 AM
El maestro de Stuttgart aboga por la educación musical escolar

La larga experiencia de Rilling como pedagogo y director avala sus palabras señalando como fundamental la educación musical en las escuelas, «desde niños, porque la música es cultura y hará que sean más abiertos, más libres». Lo dice después de reconocer que en su país ha decaído la actividad musical. Y cuando hablamos de que fue el primer alemán que dirigió en Tel Aviv, en 1976. Fue con la Sinfónica de Israel, y desde entonces «tocados juntos más de cien conciertos».
-Mucho, me apetece ver a la gente otra vez, y cuando se cumplen diez años de la creación de la Filharmonía. Puedo decir que sin mí no existiría (ríe). Siempre tendrá un lugar en mi corazón. Es como volver a casa. Cuando voy de director invitado no sé, a Chicago, no conozco a los músicos. Y aquí sé sus nombres.

Auditorio de Galicia. A las 21 horas.

Rubensinho
May 20th, 2005, 04:01 PM
Eu de pequeno fun durante unha semana enteira ó pazo de congresos de aqui,de A Coruña, para escoitar á sinfónica. Non sei como sera a filharmonica, pero esta asombroume.
Perdon pola miña ignorancia pero a ver se esta pregunta podesma resolver ti, Cellete, xa que es un crack no tema:
¿cal é a diferencia entre a "sinfonica" e a filharmonica"¿?, e de paso como ves o panorama a nivel xeral das duas.
Grazas, de antemán.

Rutenio
May 20th, 2005, 05:35 PM
Pues respondiendo a la pregunta de lete en el otro hilo, yo fui unas cuantas veces a la OSG. Quizá una docena. Soy un auténtico inculto del asunto, pero me encantó todas las veces que fui. Impresiona.

cellete
May 21st, 2005, 04:51 PM
O panorama a nivel orquestal en Galiza é EXCELENTE. O panorama educativo musical é bastante PENOSO.

Sinfónica remite directamente a unha agrupación instrumental que polo seu número de integrantes (nunha marxe de 80 a 100 músicos máis ou menos) está capacitada pra interpretar as sinfonías escritas no período Romántico, digamos a grosso modo segunda metade do XIX en adiante. Evidentemente, esto fai que poidan tamén tocar obras que requiren unha plantilla menor.

Unha orquestra Filharmónica pode ser Sinfónica; o primeiro adxetivo remite a cualidade da agrupación (Filharmonica=agrupación "amante da música"); de ahí que tamén existan en moitas cidades Sociedades Filharmónicas, é dicir, amantes da música.

A RFG é unha orquestra peculiar no senso da súa plantilla. Ó ter orredor de 60 músicos, pódese dicir que é unha orquestra "tipo Mannheim" localidade austríaca que tivo a primeira orquestra "moderna" no senso de interpretar obras de gran envergadura en canto ó número de músicos. Precisamente, dentro de dúas semanas a RFG interpretará en Compostela e en Vigo a Oitava Sinfonía de Anton Brückner; a orquestra ampliarase con becarios e reforzos ata acadar os 90 músicos. É unha nova experiencia para unha orquestra acostumada a obras de formato máis pequeno (Haydn, Mozart..). Pra entendernos, a Sinfónica ten este tamaño e soe tocar repertorio romántico e tardo romántico; a RFG conságrase máis os repertorios Barroco, clásico e Romántico temprano. Como vedes, tedes dúas orquestras en Galiza que abarcan un enorme repertorio entre as duas; dúas orquestras que ademáis teñen cadansúa un sonido moi propio e diferente unha da outra. Disfrutade delas.

cellete
May 29th, 2005, 05:38 PM
Bárbara Hendricks canta el 6 de junio en Santiago en un concierto con la Real Filharmonía
:: 27/05/2005

(la voz | santiago)
La soprano Bárbara Hendricks cantará el próximo 6 de junio en el Auditorio de Galicia de Santiago en un concierto extraordinario por la solidaridad organizado por la Xunta. Interpretará obras de Berlioz y Beethoven acompañada de la Real Filharmonía de Galicia, dirigida por Paul Daniel. La artista americana, que combina su carrera artistica con la labor humanitaria, fue galardonada en el 2000 con el Premio de las Artes Príncipe de Asturias por su defensa de los derechos humanos y la contribución de su labor al patrimonio cultural de la humanidad.
Las entradas para esta actuación estarán a la venta a través de la web caixagalicia.es y del servicio de venta de entradas de Caixa Galicia en el teléfono 902 43 44 43, al precio de 18 euros.

cellete
May 31st, 2005, 10:12 AM
La Real Filharmonía de Galicia y los alumnos de la Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia interpretan el jueves, bajo la dirección del maestro Ros Marbà, la segunda versión de la Sinfonía nº 8 de Bruckner (la que el compositor realizó de su obra en 1890) revisada por L. Nowak. Este concierto reunirá en el escenario del Auditorio de Galicia a 90 músicos

cellete
June 1st, 2005, 10:39 AM
(la voz | santiago)
Los noventa músicos de la Real Filharmonía de Galicia y la Escola de Altos Estudos Musicais, bajo la dirección del maestro de ambas formaciones, Antoni Ros Marbá, interpretarán mañana, en el Auditorio, la obra de A. Bruckner: Sinfonía nº 8 (versión 1890, revisión L. Nowak) .

De todas las sinfonías brucknerianas, la octava está considerada la más monumental, como un inmenso fresco con el que se cierra la música del siglo XIX. La obra es el fruto de tres años de intenso trabajo de Bruckner que desembocó en dos versiones: una realizada entre 1884 y 1887, y otra que concluyó en marzo de 1890. Entre las dos, editadas por Nowak y Robert Haas, hay notables diferencias en cuanto a la instrumentación y los movimientos. La que a las nueve de la noche sonará mañana en el Auditorio de Galicia, interpretada por la Filharmonía y la Escola de Altos Estudos, será la de Nowak, un poco más corta que la de Haas.

cellete
June 23rd, 2005, 10:59 AM
Enrique García Asensio dirige a la Real Filharmonía de Galicia


La Real Filharmonía de Galicia, dirigida por Enrique García Asensio (foto), ofrece un concierto en el que interpretará las obras Sinfonietta en Fa, de Fernando Alonso (A Coruña, 1961); Aparición na distancia secreta, de Juan Vara (A Coruña, 1959) y Christmas Symphony, de Rogelio Groba (Ponteareas, 1930).

Auditorio de Galicia. 21.00 horas.

Necker
June 23rd, 2005, 10:03 PM
O outro día, no "Pólvora y Magnolias" de El Correo dedicáronvos as magnolias. Todo un halago XD

cellete
June 24th, 2005, 12:32 PM
O outro día, no "Pólvora y Magnolias" de El Correo dedicáronvos as magnolias. Todo un halago XD

Uy, non sei que dicirte XD

Necker
June 24th, 2005, 01:18 PM
Uy, non sei que dicirte XD

Para os profanos, "Con pólvora y magnolias" é unha minisección da última páxina do Correo na que se premia ou castiga diariamente a alguén. Pólvora para os malos, magnolias para os bos, loxicamente.
A sección é tal que así:

Pólvora: para calqueira nacionalista galego, basco ou catalán. Ás veces, algún do PSOE.

Magnolias: para calqueira conselleiro/dirixente/cargo electo do PP.

cellete
June 24th, 2005, 01:23 PM
É o que hai

cellete
July 7th, 2005, 02:56 PM
El curso Cánticos Cantigas e Cantos reúne a jóvenes entusiastas de la música antigua

(Rebeca Queimaliños | santiago)
El 10 de julio arranca la séptima edición del curso Camiño de Santiago: cánticos, cantigas e cantos organizado por la Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago en colaboración con la USC. Una excelente oportunidad para los amantes de la música antigua, ya que la línea de actuación del curso se basa en una minuciosa especialización y recorrido musical hasta la época del renacimiento.

Los 45 alumnos españoles y extranjeros inscritos centrarán su atención en el estudio de las producciones españolas de la época y el rescate de la música culta relacionada con el Camino de Santiago. Al frente de las aulas estarán nueve profesionales de música antigua con un importante currículum en prestigiosas orquestas españolas y europeas; y como presencia destacada, Emilio Moreno, violinista y musicólogo que impartirá un seminario sobre Luigi Boccherini y la música española de su tiempo . El broche de oro serán dos conciertos a cargo de los alumnos, de manera que finalmente sean ellos los protagonistas. El recital es abierto y la cita es el jueves, día 14, a las 20 horas, en San Roque y el viernes 15, a las 17 horas, en el auditorio del CGAC.

cellete
July 14th, 2005, 10:29 AM
SANTIAGO :: Edición Impresa
«La situación de la música barroca ha mejorado mucho»
En dos minutos | Emilio Moreno MUSICÓLOGO Y VIOLINISTA
La conmemoración del centenario del compositor italiano Boccherini se celebrará con un seminario y dos conciertos gratuitos en el CGAC


IAGO VIANA
(Cristina Villar santiago)
El séptimo curso Camiño de Santiago, cánticos, cantigas e canto s estrena en esta edición interesantes novedades. La principal es la participación del prestigioso musicólogo y violinista Emilio Moreno, que con motivo del segundo centenario de la muerte del compositor Luigi Boccherini (Lucca, 1743-Madrid, 1805), impartirá un seminario en la Facultade de Xeografía e Historia.

Moreno es fundador de El Concierto Español, con el que volverá a Santiago el 17 de noviembre para ofrecer una actuación, La Real Cámara y el sello discográfico Glossa. Otra de las novedades es la incorporación de un coro que ofrecerá dos conciertos a cargo de los profesores y alumnos del curso con repertorio de Boccherini, Caldara y Vivaldi, entre otros. Para Emilio Moreno, la existencia de cursos teórico-prácticos como éste es muy necesaria ya que, como él mismo apuntó, normalmente los cursos sobre música antigua son teóricos o prácticos «y siempre resulta muy interesante como intérprete poder teorizar sobre la práctica».

También quiso destacar la importancia del Camino de Santiago como «crisol de culturas», su influencia en todas las artes y especialmente en la música, «como puede comprobarse en mucha de la iconografía que encontramos en el Camino». El seminario, que se inauguró el lunes, finaliza mañana con los citados conciertos, pero para quien pueda pensar que se trata de un curso corto, Moreno puntualizó que tiene el « timing perfecto para que los alumnos asimilen los conocimientos sin caer en un derroche de información que siempre resulta engorroso». En cuanto a la situación de la música histórica en España, especialmente la barroca, de la que es especialista, reconoce que «tiene una proyección minoritaria» pero que no puede quejarse, ya que «su situación ha mejorado muchísimo desde los últimos diez años».

CGAC. Hoy a las 20.00 y mañana a las 17.00 horas.

cellete
July 28th, 2005, 10:12 AM
A Real Filharmonía participa en Francia nun dos festivais de piano máis importantes de Europa
(la voz | santiago)
A Real Filharmonía de Galicia viaxa ao sur de Francia para participar na 25 edición do prestixioso festival de piano en La Roque d' Anthéron, perto de Aix-en-Provence, que se celebra dende o pasado 22 de xullo ate o 24 de agosto.

A Filharmonía de Galicia é a única orquestra española que acode a este evento como convidada, para interpretar tres dos 75 concertos que terán lugar nos 34 días de programa. A orquestra residente no Auditorio de Galicia vai actuar ás ordes do director Maximiliano Valdés, mestre que xa a dirixiu no pasado mes de febreiro nun programa de abono.

Os tres concertos que vai ofrecer a RFG serán os días 3, 4 e 6 de agosto. O primeiro terá lugar no lago de Aulnes e interpretará obras de Mozart e de Mendelssohn co pianista húngaro Dezsö Ránki, un reconocido intérprete de repertorio clásico que mañá estará no Auditorio para ensaiar coa Filharmonía o programa que van ofrecer.

O concerto previsto para o día 4 será no castelo de Floráns, con obras de Mozart e Beethoven. Esta vez será coa pianista francesa Anne Quefflélec, que ven de ser distinguida polo primeiro ministro de Francia polos seus logros como pianista profesional. Este programa será emitido por Radio France a todo o país galo.

O terceiro dos concertos, o 6 de agosto, tamén será en Floráns, para tocar a Chopin e Schumann co pianista brasileiro Nelson Freire, considerado un dos máis grandes concertistas do momento, ate o punto que é denominado «pianista de pianistas».

cellete
July 31st, 2005, 10:10 AM
http://www.consorcio-santiago.org/composicion_rfg.htm

Rubensinho
July 31st, 2005, 03:50 PM
Temos uns profesionais de 1ª División...:)

cellete
July 31st, 2005, 10:58 PM
A Real Filharmonía de Galicia, invitada á XXV Edición do Festival Internacional de Piano La Roque D'Anthéron (Francia)

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 (EUROPA PRESS)

A Real Filharmonía de Galicia é a única orquestra española invitada a participar no prestixioso festival internacional de piano La Roque d'Anthéron que se celebra entre o 22 e o 23 de agosto preto de Aix-en-Provence (Francia) e que este ano cumple o seu 25 aniversario.

Un total de 75 concertos en 34 días son a proposta da organización do festival, no que acudirán maís de 100 solistas nas diferentes seccións programadas: concertos para pianoe orquestra, música de cámara, xóvenes revelacións, Jazz, as noites de piano, música contemporánea, barroca...

Entre os pratos fortes do festival -"A Meca do piano", segundo dí o seu presidente Paul Onoratini -, destacan as integrais para piano e orquestra de Beethoven e Rachmaninov, a integral das 32 sonatas de Beethoven, e a integral das obras para catro mans e dous pianos de Brahms.

Os diferentes concertos terán distintos escenarios, á altura dos intérpretes e orquestras invitadas; así a organización ten prevista que se celebren no parque do castelo de Florans, no lago de Aulnes, na abadía de Silvacane, no templo de Lourmarin, no Teatro Forbin, nas canteiras de Rognes e nas igrexas de Cucuron e de La Roque d'Anthéron.

A Real Filharmonía de Galicia, nesta ocasión dirixida polo mestre Maximiano Valdés, que xa dirixiu á formación compostelá o pasado mes de febreiro no Auditorio de Galicia, actuará os días 3, 4 e 6 de agosto.

O día 3 a RFG dará o seu primeiro concerto no lago de Aulnes e interpretará obras de Mozart e Mendelssohn acompañados polo prestixioso pianista húngaro Dezsö Ránki. Ranki é un recoñecido intérprete do repertorio clásico, romántico e contemporáneo e actúa nas principais salas de Europa, Xapón e América, con orquestras como a Filharmónica de Berlín, Londres, English Chamber Orchestra, Orchestre National de France, NHK de Tokio, baixo a dirección de directores como Zubin Mehta, Jeffrey Tate, Frans Brüggen, Ivan Fischer ou Lorin Maazel. Este concerto será emitido en directo a través das emisoras da UER (Unión Europea de Radiodifusión) para toda Europa.

O día 4 no castelo de Florans, a RFG interpretará obras de Mozart e Beethoven. Nesta ocasión estará acompañada pola pianista francesa Anne Quefflélec, quen recentemente foi distinguida polos seus logros como pianista profesional polo primeiro ministro de Francia. Queffélec impartiu clases maxistrais en Xapón, Gran Bretaña e Francia e participou con diferentes orquestras de Europa. Este concerto será emitido a toda Francia a través de Radio France.

O último concerto que dará a RFG en Francia, o 6 de agosto, será tamén no castelo de Florans. Para a ocasión se interpretarán obras de Chopin e Schumann, acompañados polo pianista brasileiro Nelson Freire, un dos grandes pianistas do momento.

Nado en 1944 en Boa Esperança -Brasil-, daba o seu primeiro recital con só cinco anos, con 8 tocou un concerto de Mozart coa Orquestra Sinfónica de Brasil e aos trece obtíña os seus primeiros premios. O seu lanzamento internacional viño aos vinte anos ao gañar o Concurso "Vianna da Motta" de Lisboa. Presentouse como solista de orquestras como as de Berlim, Londres, Israel, Viena, Amsterdam e Rotterdam.

Actuou por primeira vez nos EE.UU. en 1970, cando interpretou o concerto nº 4 de Rachmaninoff, coa Filharmónica de Nova York, cidade onde regularmente Nelson Freire se presenta, así como en Chicago, Cleveland, Os Ánxeles e Denver.

"Pianista dos pianistas", goza dun prestíxio que ningún outro pianista brasileiro conseguiu nestes últimos 30 anos.

Coa participación neste festival internacional, a RFG lonxe de ser unha orquestra con vocación localista, ábrese ao ámbito internacional.

cellete
August 9th, 2005, 09:59 AM
6 de agosto de 2005



La Real Filharmonía de Galicia logra agotar las entradas de su último concierto en Francia

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 (EUROPA PRESS)

La Real Filharmonía de Galicia ha conseguido agotar las entradas para el concierto que hoy interpretará en la ciudad francesa de La Roque d'Antheron, acompañada por el pianista brasileño Nelson Freire, en el que será su último día de gira en el país vecino.

En esta actuación, la orquesta gallega interpretará el concierto para piano de Schumann y el concierto número dos de Chopin. El pasado día 3, los músicos gallegos celebraron el primero
Publicidad
de sus conciertos en Francia, en la localidad de Saint Martin de Crau, e interpretó los conciertos 13 y 14 de Mozart, acompañados con Deszö Ránki.

En la segunda parte de su actuación, con Max Valdés como director, los integrantes de la compañía gallega ofrecieron una versión de la tercera sinfonía de Mendelssohn.

El jueves 4 en el Parc de La Roque d'Antheron, ante un auditorio de 2.300 plazas, la orquesta estuvo acompañada por la pianista francesa Anne Queffelec. En la segunda parte del espectáculo, la Real Filharmonía de Galicia interpretó la primera sinfonía de Beethoven. En estas dos actuaciones la compañía congregó a más de 3.600 personas.

cellete
August 12th, 2005, 01:03 PM
ÁLVARO BALLESTEROS
(la voz | santiago)
El Auditorio de Galicia fue el escenario escogido para el concierto de la Real Filarmónica de Galicia, dirigida por Maximino Zumalave y acompañada como solitas por Agustín León Ara y Enrique Santiago.

La novedad destacada de la actuación, fue el estreno de una partitura de Tomás Bretón encontrada en el Museo de Pontevedra. A pesar de que la obra no es original, ya que se tiene conocimiento de su interpretación a finales del siglo XIX, el músico gallego Rogelio Groba compuso la orquestación de la pieza, que estaba incompleta y le faltaba orquestación.

El concierto estaba incluido dentro de las actividades programadas en el Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela . El ciclo incluye dos audiciones públicas a cargo de los alumnos. Las citas son los días 25 y 26 de agosto en el Hostal de los Reyes Católicos y el Monasterio de San Paio, respectivamente.

cellete
September 9th, 2005, 11:59 AM
Un dato; recén chegado de Dinamarca entroume curiosidade por saber cantas orquestras e ensambles profesionais de Clásica ten un país de 5.3 millóns de habitantes. Pra min, un índice importante da cultura dun país. Galiza, case 3 millóns conta con dúas, a Real Filharmonía e a Sinfónica e un par semiprofesionais.

Ben, en Dinamarca hai...isto:


City/Town Orchestra/Opera House

Aahrus Den Jyske Opera

Aalborg Aalborg Symfoniorkester

AarhusAarhus Symfoniorkester

Århus Århus Sinfonietta

Copenhagen The Danish National Symphony Orchestra DR

Copenhagen Det Kongelige Teater
Det Kongelige Kapel

Copenhagen DR Big Band

Copenhagen DR Radiokoret

Copenhagen Sjællands Symfoniorkester

Copenhagen Athelas Sinfonietta

Copenhagen Collegium Musicum

Copenhagen DR RadioUnderholdningsOrkestret

Copenhagen The Danish Radio Sinfonietta

Esbjerg Esbjerg Ensemble

Esbjerg Vestjysk Symfoniorkester

Haderslev Slesvigske Musikkorps

Hemning Ensemble MidtVest

Odense Ensemble Fyn

Odense Odense Symfoniorkester

Odense Den Fynske Opera

Randers Randers Chamber Orchestra

Skive Det Jyske Ensemble

Skive Prinsens Livregiment's Musikkorps

Sønderborg Sønderjyllands Symfoniorkester

Toreby L Storstrøm Kammerensemble



Apabullante...tantas coma en toda España..



P.D Por certo, outro fío pra o Mesón.

Fraga
September 9th, 2005, 12:11 PM
Para un país tan pequeno como Dinamarca, son moitas as que teñen:O

cellete
September 9th, 2005, 01:00 PM
Ou eiqui poucas..

rubitins
September 9th, 2005, 01:01 PM
Jobá, sí que é unha pasada a cantidade de orquestras que teñen. A cultura musical que deben ter eses países non pode ser comparada coa de aquí, creo eu...

cellete
September 9th, 2005, 01:04 PM
Eu penso que si debe ser comparada, pra facer que aquí mellore e sexa valorada coma un ben IMPRESCINDIBLE dunha sociedadade; mentres a Música sexa unha "maría" nos colexios, mal encaminados imos..(un día de Mª á semana, e queren quitalo..)

forever
September 9th, 2005, 03:43 PM
Cellete, dirás que es unicamente un dia de clase de Musica: en mi colegio eran cuatro dias (tengo el orgullo de decir que en esta asignatura sacaba las mejoras notas de mi clase, siempre me ha gustado), y no era considerada una asignatura facil precisamente. Nuestra profesora era muy exigente, y si no hacias nada durante el curso, excusas de presentarte al examen.

No se cual es el problema: tal vez sea que el nivel de vida en los paises nordicos es tan alto que aqui no podemos permitirnos ciertos lujos (queramos o no, una familia española cualquiera le cuesta mucho poder llegar bien a fin de mes).

cellete
September 9th, 2005, 04:42 PM
¿A qué colexio fuches?

forever
September 9th, 2005, 04:48 PM
editado. :)

cellete
September 9th, 2005, 04:52 PM
Ok; eu estudiei en Santa María del Mar, onde o Departamento de Música é moi importante. Alí, tradicionalmente, tómase moi seriamente. Non sei hoxe como andará..

forever
September 9th, 2005, 04:54 PM
Aun vamos a tener que abrir un thread en La Barra:

¿En que colegio has estudiado?

:D

zoltan
September 9th, 2005, 05:41 PM
En mi colegio, en EGB nada nada de música, pero cuando yo ya estaba en 7º y 8º (1992-1993) de EGB, en 5º habia dos clases a la semana de música con flauta XD

Luego en BUP, en primero (1994), estaba la asignatura de Musica Clasica, que no tocabamos nada, simplemente historia de la musica y interpretar musica que oiamos.

Esto es todo