daily menu » news links | rate the banner | guess the satellite | guess the city | one on one

Go Back   SkyscraperCity > European Forums > Foro de Rascacielos Españoles > Foros regionales > Galiza/Galicia > O Mesón Celta


View Poll Results: Enquisa múltiple (especificade en detalle na fala e na escrita).
Exclusivamente Galego 5 6.76%
Exclusivamente Castelán 7 9.46%
Máis Galego que Castelán 10 13.51%
Máis Castelán que Galego 9 12.16%
Castelán, máis o Galego gañando terreo 4 5.41%
Galego, máis o Castelán gañando terreo 1 1.35%
Falo e escrebo Galego RAG (ou ando nesa dirección) 14 18.92%
Falo e escrevo Galego AGAL )ou ando nesa dirección) 1 1.35%
Non me interesa aprender nin falar Galego 1 1.35%
Non me interesa aprender nin falar Castelán 2 2.70%
O Portugués paréceme imprescindible conhecelo un pouco 8 10.81%
Multiple Choice Poll. Voters: 74. You may not vote on this poll

Reply


 
Thread Tools Display Modes
Old September 28th, 2009, 01:16 PM   #2741
ioroleihuhu
Pedro Jos
 
ioroleihuhu's Avatar
 
Join Date: Feb 2009
Location: Santiago-Lugo-LCG
Posts: 282
Un domingo ? Están locos? Que la gente tiene resaca y esas cosas... las manifestaciones se tendrían que hacer los martes de tarde para empatar con el Momo-Trasgo-Gasteiz-CHUS
__________________
"¿Cuál es el símbolo más español? A mí me parece mucho más tradicional el águila de San Juan que la Corona esta hortera que tenemos ahora".
F-Jay Losantos. No podía ser otro
ioroleihuhu no está en línea   Reply With Quote
Old September 30th, 2009, 08:21 AM   #2742
b_747
GZ
 
b_747's Avatar
 
Join Date: Oct 2008
Posts: 513
Quote:
Rafael Cuíña: ‘Estarei na manifestación a prol do galego’

É militante do PPdeG e confesa que non lle preocupa que o definan como nacionalista. Rafael Cuíña (Lalín, 1972), membro da plataforma 'ProLingua', confirma que asistirá a manifestación convocada por 'Queremos Galego' o vindeiro 18 de outubro en Compostela. 'Estou a favor de calquera movemento que defenda o idioma', asegura. Nesta entrevista, o fillo do histórico dirixente do PPdeG, Xosé Cuíña, debulla a súa visión sobre a situación do idioma.

“Queremos Galego” convidou os votantes do PPdeG a unirse “ao desacordo co ataque á lingua”. Como militante do partido vai asistir á manifestación do 18 de outubro?

Por suposto, sempre e cando non mo impida nada ese día. Eu formo parte da plataforma “ProLingua”, que a nivel asociación non vai participar –tal e como recolle o manifesto–, pero a nivel individual apoiamos a convocatoria ao 150 por cento. Manifestándome non vou en contra de ninguén senón a favor do galego. Eu asisto a calquera movemento que defenda a nosa lingua. É máis, cando “Queremos Galego” se constituíu na comarca do Deza tiña pensando asistir á asemblea aberta, pero finalmente resultoume imposíbel ir.

Como ve o conflito lingüístico creado nos últimos tempos?

Véxoo con preocupación. Estou preocupado por como inflúe na política lingüística un grupo de presión como Galicia Bilingüe, pero á vez teño a seguridade de que xente da capacidade de Anxo Lorenzo –secretario xeral de Política Lingüística– resistirá estes embates. Penso que Lorenzo vai ser quen de artellar un bo decreto que regule o uso e promoción do galego no ensino co que esteamos de acordo.

Que lle parece o decreto que está en vigor hoxe en día?

A min non me asusta en absoluto. Hai quen di que con este decreto tratábase de “impoñer”, pero considero que este decreto o que fixo foi “poñer”. Na actualidade, o castelán aparece constantemente ao noso redor, nos medios de comunicación, na sociedade... ninguén vai ter problemas en aprendelo. En cambio, co galego acontece todo o contrario. Con todo, existen o que eu chamo “pseudoelites” que están preocupadas por que os seus fillos e fillas se formen en castelán. Pola contra, no rural non existe o debate da lingua. Falamos galego sen ningún complexo.


Na vida o pensei dicir, pero, canto se vota de menos aqueles governos Fraga
b_747 no está en línea   Reply With Quote
Old September 30th, 2009, 08:28 AM   #2743
Jmaca123
Autobaneado
 
Jmaca123's Avatar
 
Join Date: Aug 2006
Location: Vigo
Posts: 1,625

Eu creo que moitos votantes de Feijoo pensaban que voltarían á idea fraguiana de país paternalista, pero país de todolos xeitos.
Feijoo podería estar gobernando La Rioja igual que goberna Galicia e non se notaría a diferencia.
__________________
VAL READMISION

Solidariedade cos Foreiros Vigueses no Exilio
Jmaca123 no está en línea   Reply With Quote
Old September 30th, 2009, 08:40 AM   #2744
b_747
GZ
 
b_747's Avatar
 
Join Date: Oct 2008
Posts: 513
A plataforma QUEREMOS GALEGO, recolle adhesións:

http://www.queremosgalego.org/
b_747 no está en línea   Reply With Quote
Old September 30th, 2009, 10:53 AM   #2745
ioroleihuhu
Pedro Jos
 
ioroleihuhu's Avatar
 
Join Date: Feb 2009
Location: Santiago-Lugo-LCG
Posts: 282
Si Fraga era un galeguista en el fondo xD...
Yo a quien echo de menos es a Cuíña
__________________
"¿Cuál es el símbolo más español? A mí me parece mucho más tradicional el águila de San Juan que la Corona esta hortera que tenemos ahora".
F-Jay Losantos. No podía ser otro
ioroleihuhu no está en línea   Reply With Quote
Old September 30th, 2009, 02:40 PM   #2746
Silleiro
Registered User
 
Silleiro's Avatar
 
Join Date: Dec 2007
Posts: 464
De http://www.galiciaconfidencial.com/?p=3741

Quote:
Unha plataforma do mundo cultural para defender a lingua
Este sábado presentarase en Santiago ‘Prolingua’, unha plataforma”plural e apartidaria” que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia e a consecución da súa oficialidade real…

Neste acto daranse a coñecer os obxectivos e a estrutura de funcionamento da plataforma, así como as primeiras accións que se levarán a cabo. ´Prolingua´é unha plataforma independente do poder político e diferente nos obxectivos e na finalidade a ´Queremos Galego´, outra plataforma de defensa da lingua impulsada dende forzas políticas nacionalistas e dende A Mesa pola Normalización.

De feito, os promotores de ´Prolingua´ coinciden na necesidade de afastar o debate lingüístico dos debates políticos para concienciar á xente de que falar galego non é un arma política senón un ben común de todos os galegos. Esta plataforma está impulsada por xente do mundo da cultura e uns dos seus principais impulsores son o escritor Xabier Docampo e Quique Costas, da Universidade de Vigo, que vai ser o que se presente o acto.
Silleiro no está en línea   Reply With Quote
Old October 1st, 2009, 10:29 AM   #2747
Pharum Brigantium
Quantum of Coruña
 
Pharum Brigantium's Avatar
 
Join Date: Apr 2009
Location: London
Posts: 745
Dicionarios de Galego: unha útil extensión para Firefox


Quote:
Dicionarios de Galego é unha extensión para o navegador web Firefox coa que poderemos consultar calquera termo que atopemos nunha páxina web en varios dicionarios galegos en liña dun xeito sinxelo e intuitivo.

Para buscar un termo nos dicionarios bastará con seleccionar a palabra que queiramos buscar, acceder ao menú contextual pulsando o botón secundario do rato, e na opción “Procurar”, escoller calquera dos dicionarios cos que é compatíbel esta extensión. A definición do termo aparecerá nunha nova xanela de información.


Este proxecto naceu como un script para a extensión Greasemonkey (unha extensión que permite definir e personalizar o xeito no que vemos unha páxina web empregando pequenos scripts en javascript), e co tempo evolucionou ata converterse nunha extensión independente. Na Forxa de Mancomún pódense obter tanto as primeiras versións do script de para GreaseMonkey como navegar polo repositorio svn do código
__________________
a.k.a. brigantino | A vella e nobre Brigantium
Pharum Brigantium no está en línea   Reply With Quote
Old October 1st, 2009, 07:49 PM   #2748
roxegar
A Coruña/Ribeira
 
Join Date: Nov 2008
Posts: 42
Nace ProLingua

http://prolinguagalega.org/

http://prolinguagalega.org/2009/09/2...-de-prolingua/


O 3 de outubro, asemblea de presentación de ProLingua
set 29th, 2009
porprolingua.

O sábado día 3 de outubro, ás 11,30 da mañá comezará, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Norte), a Asemblea de presentación pública de ProLingua, plataforma plural e apartidaria que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia e a consecución da súa oficialidade real.

Chamamos a todas as persoas, e non só aos membros de ProLingua, que compartan a arela da defensa do galego, a participar neste acto no que daremos a coñecer os obxectivos e a estrutura de funcionamento da plataforma, así como as primeiras accións que propoñemos levar a cabo.

Acudide o sábado día 3 de outubro a Compostela e traede convosco as persoas do voso afecto e da vosa confianza. Deamos xuntos a primeira pasada no camiño.
roxegar no está en línea   Reply With Quote
Old October 1st, 2009, 08:09 PM   #2749
Geniero
Campeón del mundo
 
Geniero's Avatar
 
Join Date: Mar 2007
Location: La Coruña (España)
Posts: 1,113
Feijóo abre a porta a modificar a Lei de Normalización Lingüística
O presidente reitera a súa disposición a levar 'La Coruña' ao Parlamento e recoñece que, "por suposto", o "topónimo bilingüe" traería consigo unha modificación da norma aprobada polo Goberno de Gerardo Fernández Albor.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu esta mañá a súa disposición a modificar a Lei de Normalización Lingüística no caso de que o Concello da Coruña reclame, mediante un acordo plenario, a oficialidade do topónimo 'La Coruña'. Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo asumiu que a legalización do nome da cidade herculina en castelán suporía a apertura "dun proceso" para cambiar a norma que, aprobada polo Goberno de Gerardo Fernández Albor en 1983, establece a galega como "única forma oficial" da toponimia do país.
Segundo o xefe do Executivo, "a letra máis reivindicada na Coruña nos últimos vinte anos foi o L", polo que, mentres que, di, 'Pachi' Vázquez "cambia de opinión", Feijóo asegura "non ter medo á liberdade" e a "escoitar aos coruñeses". No mesmo sentido, Núñez Feijóo asume que esta modificación do texto legal podería traer consigo a implantación da toponimia "bilingüe" noutros concellos.

---------------

Feijoo: deja de marear la perdiz y desgastar al Psoe local coruñes y si quieres cambiar la ley lleva la iniciativa al Horreo de una puñetera vez y PUNTO. Vosotros amputasteis el nombre de nuestra ciudad. No lo olvidamos. Al contrario de lo que debes de creer... No somos gilipollas
__________________
Prohibido prohibir!
Geniero no está en línea   Reply With Quote
Old October 5th, 2009, 01:37 AM   #2750
roxegar
A Coruña/Ribeira
 
Join Date: Nov 2008
Posts: 42
ProLingua

Nogueira, Beiras y Rafael Cuiña, juntos en un colectivo por el gallego

D. SALGADO - Santiago - 04/10/2009

Continúa la efervescencia social en defensa de la lengua gallega. Ayer, en la facultad de Filoloxía de Santiago, se presentó públicamente la plataforma ProLingua en un acto al que asistieron más de 300 personas. Colectivo "plural, inequívocamente apartidario y no jerárquico", en su asamblea constituyente se personaron destacados militantes, históricos y no tan históricos, de los tres partidos parlamentarios. Además de Xosé Manuel Beiras y Camilo Nogueira, del BNG, estaban el veterano socialista Xosé Luís Rodríguez Pardo o Rafael Cuiña, del PP e hijo del fallecido ex secretario general de los populares gallegos Xosé Cuiña. "Para probar nuestra vocación apartidaria, que no apolítica", señaló uno de los impulsores de ProLingua, el escritor Xabier P. Docampo, "es la presencia de gente de todas las formaciones, del Parlamento y de fuera del Parlamento".

ProLingua sale a la luz apenas un mes después de empezar a mover, vía electrónica, su manifiesto. Ya ha recibido mil apoyos.

Docampo realiza una analogía entre esas 1.000 firmas del manifiesto y "las mil primaveras más para la lengua gallega que quería Álvaro Cunqueiro", antes de insistir en uno de los leit motivs de la organización: "Nuestro apartidismo sirve para que en ProLingua se encuentre todo tipo de gente que quiera defender la lengua". Y "todo tipo de gente" incluye a un farero -"una buena metáfora, necesitamos luz"-, empresarios, policías locales, profesores, abogados o empleados de limpieza. También escritores, entre ellos Suso de Toro o Agustín Fernández Paz.

ProLingua se encamina, a decir de sus promotores, a la realización de "acciones concretas para conseguir la oficialidad real del gallego". El primer acuerdo de sus integrantes, tomado durante el proceso constituyente de Santiago, consiste en "extender el pin de ProLingua". Una insignia con las iniciales de lengua gallega atravesadas por una franja azul indicará, según explica Xabier P. Docampo, "que sus portadores no pertenecen al grupo de negacionistas del gallego, será una señal de orgullo". La memoria de los movimientos por los derechos civiles planea sobre los métodos de la nueva plataforma y así lo expuso Fernández Paz en una intervención en la que mencionó a la mujer afroamericana Rosa Parks.

"Me parece bien que existan varias plataforma para defender el idioma", afirmó Docampo, "de esa manera siempre habrá un lugar para que un gallego se sienta cómodo trabajando por la lengua". "Son colectivos hermanos", concluyó.
roxegar no está en línea   Reply With Quote
Old October 5th, 2009, 01:39 AM   #2751
roxegar
A Coruña/Ribeira
 
Join Date: Nov 2008
Posts: 42
http://www.xornal.com/artigo/2009/10...064996857.html
roxegar no está en línea   Reply With Quote
Old October 5th, 2009, 01:41 AM   #2752
roxegar
A Coruña/Ribeira
 
Join Date: Nov 2008
Posts: 42
ProLingua

É unha boa noticia. O nacemento da plataforma ProLingua, con xente do BNG, do PSdeG, do PP, dos grupos máis á esquerda do Bloque, de xente apolítica... ProLingua nace para defender a nosa lingua sen ataduras políticas de ningún tipo e sen NINGÚN TIPO DE SUBVENCIÓN.
roxegar no está en línea   Reply With Quote
Old October 5th, 2009, 10:58 PM   #2753
miñaterragalega
Outra vaca no millo!
 
miñaterragalega's Avatar
 
Join Date: Dec 2007
Location: Santiago-Silleda
Posts: 577
Quote:
Originally Posted by roxegar View Post
É unha boa noticia. O nacemento da plataforma ProLingua, con xente do BNG, do PSdeG, do PP, dos grupos máis á esquerda do Bloque, de xente apolítica... ProLingua nace para defender a nosa lingua sen ataduras políticas de ningún tipo e sen NINGÚN TIPO DE SUBVENCIÓN.
Paréceme moi ben, de tódolos xeitos penso que neste ámbito está a pasar que existen demasiadas plataformas e asociacións que tentan defender a lingua. Non sei cal é o obxectivo pero penso que sería máis intelixente que se aglutinaran todos os esforzos nunha soa plataforma e mensaxe. De feito a plataforma queremos galego xa naceu con esta vontade. Benvidos sexan de tódolos xeitos
__________________
"unha revolución é sobretodo a deslumbrante posibilidade de cambiar a vida"
miñaterragalega no está en línea   Reply With Quote
Old October 6th, 2009, 12:09 AM   #2754
Jmaca123
Autobaneado
 
Jmaca123's Avatar
 
Join Date: Aug 2006
Location: Vigo
Posts: 1,625
Quote:
Originally Posted by miñaterragalega View Post
Paréceme moi ben, de tódolos xeitos penso que neste ámbito está a pasar que existen demasiadas plataformas e asociacións que tentan defender a lingua. Non sei cal é o obxectivo pero penso que sería máis intelixente que se aglutinaran todos os esforzos nunha soa plataforma e mensaxe. De feito a plataforma queremos galego xa naceu con esta vontade. Benvidos sexan de tódolos xeitos
Esperemos non acabar así



En serio, non importa o númera de plataformas mentres o obxectivo sexa nítido e todos puxemos.
__________________
VAL READMISION

Solidariedade cos Foreiros Vigueses no Exilio
Jmaca123 no está en línea   Reply With Quote
Old October 6th, 2009, 03:42 AM   #2755
roxegar
A Coruña/Ribeira
 
Join Date: Nov 2008
Posts: 42
ProLingua

ProLingua
A diferenza principal co resto de plataformas novas de defensa da lingua galega é o apartidismo. É unha plataforma que non está dirixida por ningún partido, sindicato, organización... de xeito que calquera persoa poida pertencer a ela, incluso con ideoloxías políticas opostas: hai xente do PSdeG, de todos os partidos integrados no Bloque, xente independentista, de grupos pequenos sen representación parlamentaria, do PP (Rafael Cuíña e simpatizantes anónimos), xente de Izquierda Unida/Esquerda Unida... característica pouco probable en plataformas como A Mesa, onde xente de dereitas, en principio, non se sente representada.

Apartidismo, que non apoliticismo.

ProLingua tampouco pretende solapar ningunha outra plataforma, de feito moitos "prolingüeiros" irán á manifestación convocada por Queremos Galego o día 18 en Compostela. Pero as accións de ProLingua nunca irán baixo a bandeira de ningún partido ou organización. Tampouco se pedirán subvencións a ningún organismo nin empresa; funcionará cos cartos que cada membro poida dar de maneira voluntaria cando e como poida ou queira.

Saúdos!!!
roxegar no está en línea   Reply With Quote
Old October 6th, 2009, 07:59 AM   #2756
Jmaca123
Autobaneado
 
Jmaca123's Avatar
 
Join Date: Aug 2006
Location: Vigo
Posts: 1,625

Ten boa pinta. E vai ser un arma moi poderosa, a súa voz será difícil de facer que non se escoite.
__________________
VAL READMISION

Solidariedade cos Foreiros Vigueses no Exilio
Jmaca123 no está en línea   Reply With Quote
Old October 6th, 2009, 10:03 AM   #2757
Silleiro
Registered User
 
Silleiro's Avatar
 
Join Date: Dec 2007
Posts: 464
É un concepto distinto o de Prolingua, está pensado dunha maneira diferente, e tamén para durar no tempo, independentemente de quen goberne, e influír doutra maneira na sociedade. Seguramente, no futuro traballarán moito na galeguización do sector privado.
En calquera caso, parece que agora hai un activismo lingüístico en favor do galego máis que notable.
Silleiro no está en línea   Reply With Quote
Old October 6th, 2009, 12:01 PM   #2758
roxegar
A Coruña/Ribeira
 
Join Date: Nov 2008
Posts: 42
Quote:
Originally Posted by Silleiro View Post
É un concepto distinto o de Prolingua, está pensado dunha maneira diferente, e tamén para durar no tempo, independentemente de quen goberne, e influír doutra maneira na sociedade. Seguramente, no futuro traballarán moito na galeguización do sector privado.
En calquera caso, parece que agora hai un activismo lingüístico en favor do galego máis que notable.

Totalmente de acordo. Estas son polo menos as intencións. A ver o que sae de aquí. Saúdos!!!
roxegar no está en línea   Reply With Quote
Old October 6th, 2009, 03:45 PM   #2759
ioroleihuhu
Pedro Jos
 
ioroleihuhu's Avatar
 
Join Date: Feb 2009
Location: Santiago-Lugo-LCG
Posts: 282
En Queremos Galego no eran concelleiros y ex-concelleiros del PPdG?
__________________
"¿Cuál es el símbolo más español? A mí me parece mucho más tradicional el águila de San Juan que la Corona esta hortera que tenemos ahora".
F-Jay Losantos. No podía ser otro
ioroleihuhu no está en línea   Reply With Quote
Old October 7th, 2009, 01:09 AM   #2760
roxegar
A Coruña/Ribeira
 
Join Date: Nov 2008
Posts: 42
ProLingua

Xornal de Galicia 6.10.09

HENRIQUE ALVARELLOS

Don de linguas


É sabido que en Galicia hai un colectivo que domina máis dunha lingua, esa é a masa (ás veces tan “silandeira”) de galegofalantes. Non existe galegofalante que non saiba, polo menos, outra lingua, e os máis capaces aínda lle dan a unha terceira ou cuarta. O único colectivo “mono” en termos lingüísticos é o castelán-militante. Precisamente é ese colectivo o que sempre se anda a proclamar bilingüe. Oh, paradoxo!.

Algúns dos bilingües e/ou multilingües de verdade, non de mentira, reuníronse o sábado pasado no salón de actos da Facultade de Filoloxía, en Santiago de Compostela, para constituír a plataforma Prolingua. Alí estabamos algo máis de 300 persoas. Prolingua nosa e, tras ela, “pro” todas as linguas. Porque, insisto, non hai bilingüe ou multilingüe real que non sexa, en Galicia, galegofalante. E un pregúntase: É que somos nós os únicos con don de linguas? Que lles pasa aos que rexeitan unha ou máis linguas? Son incapaces? Os monolingües castelán-militantes din que os seus fillos non entenden Matemáticas en galego. Que cousa máis rara! Son nenos menos espabilados?. Pensamos que non. Son seus pais os limitados?

Prolingua conta xa con máis de mil inscritos. Mil asinantes que van do propio ao universal sen rexeitar nada. Que queren “ser” no mundo desde Galicia e en galego. E aos que lles doen moito –como a calquera persoa de ben– as mentiras. O escritor Xabier Docampo, principal impulsor e animador de Prolingua, dixo na presentación da plataforma que “nós non contamos mentiras”. Algo tan sinxelo coma isto para defender o dereito a vivir en galego: dicir a verdade. Que a gusto se vai pola vida cando un non constrúe falsedades. E que “bipolar”, que raro, se debe de sentir un deses falsos bilingües, que perdido e limitado ao se mirar no espello a soas sen máscaras.

Tamén había xente do PPdeG o sábado. en Filoloxía. Rafael Cuíña (si, fillo do falecido Xosé Cuíña), cualificou de “obscena” a actitude esa dos monolingües que andan todo o día a falar de bilingüismos. Porque a defensa da lingua non sabe (non pode saber) de partidos mais si de políticas. De políticas honestas coa nosa historia e co noso futuro.
roxegar no está en línea   Reply With Quote


Reply

Tags
galego, galician, lingua

Thread Tools
Display Modes

Posting Rules
You may not post new threads
You may not post replies
You may not post attachments
You may not edit your posts

BB code is On
Smilies are On
[IMG] code is On
HTML code is Off



All times are GMT +2. The time now is 09:02 AM.


Powered by vBulletin® Version 3.8.5
Copyright ©2000 - 2010, Jelsoft Enterprises Ltd.

SkyscraperCity - In Urbanity We Trust

Hosted by Blacksun, dedicated to this site too!
BBS server management by DaiTengu
Forums Directory