A Mariña - Page 4 - SkyscraperCity
 

forums map | news magazine | posting guidelines

Go Back   SkyscraperCity > European Forums > Foro de Rascacielos Españoles > Foros regionales > Galiza/Galicia


Global Announcement

As a general reminder, please respect others and respect copyrights. Go here to familiarize yourself with our posting policy.


Reply

 
Thread Tools
Old February 21st, 2017, 06:52 PM   #61
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Boas:

Nota de prensa das Infraestruturas da Xunta de Galicia:

Quote:

A Xunta aproba a transferencia a prol do concello de Ribadeo das estradas de acceso ás praia das Catedrais e dos Castros

-Trátase de dúas estradas provinciais cuxa titularidade solicitou o Concello de Ribadeo conforme o previsto no Plan Especial da Praia das Catedrais para contar con bos accesos a este areal

-A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes das entidades locais, logo do acordo das administracións afectadas

-A entrega dos treitos formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG)

Santiago, 21 de febreiro de 2017

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do decreto polo que se aproba o cambio de titularidade da estrada provincial LU-P-5209, concretamente desde a N-634 ata a Praia das Catedrais (entre os puntos quilométricos 0+000 e o 0+550); e da LU-P-0610, dende o enlace as praias Altar-Reinante-Os Castros (entre os PKs 8+620 e 10+384), a prol do Concello de Ribadeo.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este decreto que se publica hoxe: goo.gl/If7hqM

Trátase de dúas estradas provinciais cuxa titularidade solicitou o Concello de Ribadeo conforme ao previsto no Plan Especial da praia das Catedrais sobre a necesidade de contar con bos accesos a este areal.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes das entidades locais, logo do acordo das administracións afectadas. Os cambios de titularidade deberán ser aprobados por decreto do Goberno galego.

Esta resolución tómase despois de que o Concello de Ribadeo solicitase á Deputación Provincial de Lugo o cambio de titularidade de dous tramos de estradas. Concretamente, a LU-P-5209, da N-634 á Praia das Catedrais” completa, entre o punto quilométrico 0+000 (inicio na intersección coa N-634 en A Rochela) e o 0+550 (final en intersección coa LU-P-0610 en Praia das Catedrais), cunha lonxitude de 550 metros no termo municipal de Ribadeo. Así mesmo, tamén a estrada LU-P-0610, dende o Enlace praias Altar-Reinante-Os Castros, comprendido entre os PKs 7+560 (límite co Concello de Barreitos) e o 10+384 (final na intersección coa LU-P-5206 en praia dos Castros).

A Deputación de Lugo informou favorablemente do cambio de titularidade da LU-P-5209 completa, de 550 m de lonxitude, e tamén do tramo da LU-P-0610 comprendido entre os PKs 8+620 (actual intersección en glorieta coa LU-P-5209) e o 10+384 (final na intersección coa LU-P-5206 en praia dos Castros), cunha lonxitude no termo municipal de Ribadeo de 1.764 metros.

A tenor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

A entrega dos treitos formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia, mediante a sinatura da correspondente acta.

Fonte: http://www.xunta.gal/notas-de-prensa...ceso-praia-das
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Sponsored Links
Advertisement
 
Old April 27th, 2017, 07:09 PM   #62
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Boas:

Nota de prensa das Infraestruturas da Xunta de Galicia:

Quote:

Mondoñedo verá mellorados os seus espazos públicos grazas a un investimento da Xunta que supera os 645.000 euros

-O delegado territorial en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado da alcaldesa da localidade, Elena Candia, supervisaron as actuacións financiadas polo Goberno galego

-A Xunta achega valor a estes espazos públicos mediante a rehabilitación dun edificio no barrio dos Muíños e distintas melloras nas principais prazas do conxunto histórico

Mondoñedo (Lugo), 28 de abril de 2017

O Goberno galego achega valor aos espazos públicos da localidade de Mondoñedo investindo máis 645.000 euros en distintas obras que permitirán tanto a mellora de diferentes prazas públicas do conxunto histórico desta localidade como a rehabilitación dun edificio emprazado no singular barrio dos Muíños.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado da alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, supervisaron esta mañá as actuacións que os distintos departamentos autonómicos desenvolven ou prevén desenvolver.

“Paga a pena seguir apostando por recuperar e remodelar estes espazos tradicionais da do casco histórico de Mondoñedo, pensando no maior beneficio para a veciñanza, pero tamén na recuperación do esplendor que sempre caracterizou a esta cidade” – insistiu o delegado territorial.

Rehabilitación do barrio dos Muíños

Así por exemplo, por unha banda, o delegado territorial explicou que o Diario Oficial de Galicia publicaba onte a licitación das obras de rehabilitación do edificio emprazado na Praza dos Muíños 26-28, no barrio dos Muíños en Mondoñedo.

Con esta obra de rehabilitación, que licita a Consellería de Infraestrutura e Vivenda, por importe de 465.680,47 euros, obteranse dúas vivendas rehabilitadas de catro e tres dormitorios respectivamente. O prazo de execución das obras é de 15 meses.

Entre as características construtivas do proxecto destaca a fachada con recebado de cal sobre pedra ou formigón, ventás exteriores de madeira de castaño ou pino, pavimentos interiores de baldosa de gres e tarima de madeira de carballo e cuberta de lousa con cravos de aceiro.

Plan Hurbe

Por outra parte, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, investirá uns 180.000 euros nas prazas da Catedral, dos Muiños de Arriba, Cruce de San Lázaro, de San Juan e de Noriega Varela.

As actuacións consistirán, basicamente, na execución dunha nova pavimentación a base de enlousado de pedra nas prazas descritas, ao tempo que tamén se renovará o mobiliario urbano con finalidade funcional e de adecuación estética ao contorno monumental.

En particular, no barrio dos Muíños o proxecto recollerá a proposta dos veciños de recuperar a praza devolvéndoa ao seu estado orixinal, segundo lle solicitaron ao concello.

O delegado territorial lembrou que as obras inscríbese no Plan Hurbe, que busca entre os seus obxectivos fomentar a humanización das vilas; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial en Galicia.

Fonte: http://www.xunta.gal/notas-de-prensa...ento-xunta-que
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Old May 15th, 2017, 06:07 PM   #63
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Boas:

Nota de prensa das Infraestruturas da Xunta de Galicia:

Quote:

A Xunta colabora co Concello de Mondoñedo na recuperación dun inmoble que se destinará á divulgación da arquitectura local e ao fomento da rehabilitación

-O Goberno galego cede o inmoble e achega 42.000 euros ao Concello de Mondoñedo, que executará as obras de restauración

-O espazo albergará actividades relacionadas coa conservación do patrimonio cultural, de difusión dos valores da arquitectura mindoniense e promoción de axudas á rehabilitación de vivendas

-A Consellería de Infraestruturas e Vivenda rehabilitará tamén dúas vivendas no mindoniense barrio dos Muíños, emprazadas na Praza dos Muíños de Arriba números 26 e 28

-Os proxectos xa están aprobados tecnicamente e contarán cun investimento próximo aos 500.000 euros

Santiago, 13 de maio de 2017

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, Xunta asinou un convenio de colaboración coa alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, destinado a recuperar un edificio da rúa Matadero 1 desta vila, co obxectivo de destinalo á divulgación da arquitectura local e ao fomento da rehabilitación da mesma.

En presenza do delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, a conselleira e a alcaldesa rubricaron un acordo polo que, en primeiro lugar, a Xunta lle cede ao Concello de Mondoñedo o inmoble. Ademais, o Goberno galego comprométese a achegar 42.000 euros á Administración local, que deberá executar as obras que sexan necesarias para a rehabilitación deste inmoble, que suporá a consolidación dos elementos estruturais, a renovación da cuberta e a limpeza e acondicionamento das fachadas e do seu entorno, con respecto das características construtivas orixinais.

O inmoble será destinado á realización das actividades relacionadas coa conservación do patrimonio cultural e da difusión dos valores da arquitectura mindoniense, a difusión e promoción de programas e actuacións de rehabilitación de vivendas, a rexeneración e renovación urbanas, a mellora da calidade e sostibilidade das edificacións, especialmente no referido á mellora da eficiencia enerxética das vivendas, e a realización de actuacións de formación de técnicos e axentes que interveñen nas actuacións relacionadas coa renovación urbana e a rehabilitación de edificios e a súa difusión.

Este acordo manterase ata finais deste mesmo ano, coa posibilidade de prorrogalo un ano máis, mediante acordo expreso das partes adoptado con, polo menos, dous meses de antelación á data de finalización. A cesión do inmoble xa foi autorizada polo Consello da Xunta no pasado mes de febreiro.
*
A Xunta está a traballar tamén na rehabilitación de dúas vivendas no mindoniense barrio dos Muíños, emprazadas na Praza dos Muíños de Arriba números 26 e 28. Os proxectos xa están aprobados tecnicamente e contarán cun investimento próximo aos 500.000 euros.

Fonte: http://www.xunta.gal/notas-de-prensa...ra-divulgación
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Old July 13th, 2017, 10:31 PM   #64
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Buenas:

Noticia de La Voz de Galicia:

Quote:

Ribadeo controla al milímetro sus 50 terrazas pintándolas en el suelo

El hostelero recibe un plano con el número de mesas, sillas y su ubicación, que debe estar expuesto en un lugar visible

Articulo completo en: http://www.lavozdegalicia.es/noticia...07G13P6995.htm
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Old July 15th, 2017, 08:36 AM   #65
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Buenas:

Noticia de La Voz de Galicia:

Quote:

Ribadeo se pone estricto y pinta el límite de los bares

El Concello va a subastar mobiliario que se incautó de terrazas con infracciones

Articulo completo en: http://www.lavozdegalicia.es/noticia...07G15P3991.htm
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Old August 9th, 2017, 10:05 AM   #66
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Buenas:

Noticia de La Voz de Galicia:

Quote:

«¿É posible que dúas persoas limpen a diario 8,5 quilómetros de praias?»

La oposición de Barreiros expuso en el pleno problemas de socorrismo y de limpieza y el regidor negó privatizaciones

Articulo completo en: https://www.lavozdegalicia.es/notici...708X9C3994.htm
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Old September 6th, 2017, 07:34 PM   #67
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Boas:

Nota de prensa das Infraestruturas da Xunta de Galicia:

Quote:

A Xunta ofrece ao Concello de Viveiro unha solución técnica para as instalacións que a empresa Vestas ten neste municipio

-A fórmula escollida implicará a redución da liña límite de edificación de tal xeito que as instalacións da factoría xa non invadirán o espazo reservado e contiguo á estrada autonómica LU-161

-O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, salienta que a proposta promovida pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda desbloquea unha problemática que se prolongaba no tempo e blinda o futuro de Vestas en Viveiro

Viveiro (Lugo), 6 de setembro de 2017

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, vén de remitir ao Concello de Viveiro unha proposta técnica que serviría como solución á problemática da situación da empresa Vestas en relación coa súa afectación pola estrada autonómica LU-161.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a medida promovida polo departamento que dirixe Ethel Vázquez busca remover un dos obstáculos cos que se atopa esta empresa á hora de legalizar a súa situación urbanística, xa que logo unha parte das instalacións da fábrica invaden o espazo reservado e no que non se poden realizar construcións, ampliacións e calquera tipo de obra nova.

Redución extraordinaria da liña límite de edificación

A fórmula legal escollida implica a tramitación dun procedemento denominado de redución extraordinaria da liña límite de edificación, previsto na Lei 8/2013, de Estradas de Galicia, e que a propia empresa solicitou en xuño de 2017, logo do asesoramento do departamento autonómico de infraestruturas.

A zona límite de edificación reduciríase ata aos 9,5 metros no conxunto do ámbito, e aplicaríase unha distancia aínda máis reducida –de 4 metros- no caso das edificacións preexistentes que se atopan nesa zona, incluída a propia factoría da Vestas.

Precisa a conformidade do Concello de Viveiro

A normativa establece que a redución da zona de afectación da estrada autonómica debe ser compatible co desenvolvemento do planeamento urbanístico que se aplica no ámbito onde está situada a empresa. De aí que sexa necesaria a consulta ao Concello de Viveiro para que formule as observacións que estime acaídas.

Unha vez que o Concello dea a súa conformidade á proposta de ordenación feita pola administración autonómica, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciaría a tramitación formal do expediente.

Balseiro di que a Xunta tomou a iniciativa co obxecto de desbloquear unha situación que se estaba prolongando no tempo, e vista a falta de iniciativas nesa dirección. A solución contribúe a garantir a continuidade e futuro dunha das empresas máis importantes da zona, tanto polo número de empregos que xera como pola actividade económica a ela aparellada.

Fonte: http://www.xunta.gal/notas-de-prensa...-instalaciones
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Old October 11th, 2017, 05:02 PM   #68
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Boas:

Nota de prensa das Infraestruturas da Xunta de Galicia:

Quote:

A Xunta inviste máis de 1 millón de euros en novos proxectos de mellora de infraestruturas e servizos en Cervo

-O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou en Riocobo os detalles das obras de renovación da rede de abastecemento, que están en fase de licitación

-Afirmou que a metade das achegas do Goberno galego, 500.000 euros, destínanse a accións de dinamización económica e fomento do emprego no municipio

Cervo (Lugo), 11 de outubro de 2017

A Xunta de Galicia realiza un investimento de 1,1 millóns de euros en novos proxectos de mellora de infraestruturas e servizos en Cervo que se desenvolverán nos vindeiros meses.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, visitou hoxe Riocobo e explicou que Augas de Galicia acaba de licitar as obras de renovación da rede de abastecemento da zona por un importe de preto de 200.000 euros. Esta intervención beneficiará a case 400 veciños e implicará a substitución das canalizacións de fibrocemento -instaladas hai 30 anos- por outras novas de polietileno. O prazo de execución dos traballos será de catro meses.

Balseiro sinalou o esforzo que está a realizar a Xunta para mellorar as infraestruturas hidráulicas no municipio, xa que ademais sufraga con 40.000 euros as obras de saneamento no núcleo da Pena, en San Román, e as de Castelo, tamén con preto de 40.000 euros, que permitirán conectar o núcleo de Praza coa estación depuradora e ampliar o servizo que ata o de agora só estaba dispoñible en catro núcleos da parroquia.

Pero ademais, subliñou o delegado, a Xunta financia obras de infraestruturas viarias, como o acondicionamento da Avenida da Mariña, en San Cibrao, que recibe 70.000 euros a través do plan Hurbe; o arranxo de varios camiños ao abeiro do plan Marco (máis de 22.000 euros) e o impulso con 35.900 euros de tres proxectos para o acondicionamento de pistas nas parroquias de San Román e Rúa promovidos pola Asociación de Veciños da rúa Candelaria, a asociación de San Román de Vilaestrofe e a Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, respectivamente.

Igualmente, o Goberno galego colabora na reforma da carpintería exterior da Casa Consistorial, achegando máis de 39.000 euros; e a través do Fondo de Cooperación Local o concello recibe preto de 208.000 euros que pode destinar ás accións que considere máis oportunas.

Economía e emprego

José Manuel Balseiro destacou que practicamente a metade das achegas aprobadas recentemente polo Goberno galego en Cervo, en concreto 506.000 euros, corresponden a accións de dinamización económica e fomento do emprego financiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Así, sufraga con preto de 280.000 euros o obradoiro de emprego que comparte Cervo con Xove e Burela e que botou a andar hai uns días. Pero ademais, apoia con 116.400 euros a organización de catro cursos de formación dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas, para mellorar as súas perspectivas de inserción laboral, e achega máis de 40.000 euros para a contratación por parte do concello dun orientador laboral e de de dúas persoas perceptoras da Risga que reforzan os servizos municipais.

Entre os proxectos de próxima execución no municipio, o delegado lembrou expresamente o investimento para establecer un espazo de emprendemento comercial en Sargadelos, ao que a Xunta destina 70.000 euros e que “outorgará unha nova vitalidade a un conxunto que foi fundamental no devir cultural e económico deste municipio”.

Fonte: http://www.xunta.gal/notas-de-prensa...turas-servizos
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Old November 7th, 2017, 10:57 AM   #69
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Boas:

Nota de prensa das Infraestruturas da Xunta de Galicia:

Quote:

A Xunta acomete esta semana unha inspección especial da Ponte da Misericordia en Viveiro para garantir a súa conservación

-O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, insistiu na necesidade de “manter en perfecto estado de revista” un dos monumentos máis significativos e que mellor representan a imaxe e identidade da cidade de Viveiro

Viveiro (Lugo), 6 de novembro de 2017

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciará esta semana unha inspección completa da ponte da Misericordia ao obxecto de blindar, de cara o futuro, o seu perfecto estado de conservación.

Os traballos, encargados a unha empresa especializada, estenderanse por un prazo aproximado de oito días. A administración autonómica, que programa este tipo de inspeccións periodicamente, busca avaliar dun xeito exhaustivo a situación desta estrutura e do conxunto dos sistemas de contención para deseñar as medidas de mantemento e de conservación, de ser o caso, máis acaídas.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, insistiu na necesidade de “manter en perfecto estado de revista” un dos monumentos máis significativos e que mellor representan a imaxe e identidade da cidade de Viveiro.

Balseiro lembrou que esta inspección completa outras melloras como as executadas no mes de xuño, e que permitiron o arranxo dun dos tallamares deteriorado e incluíron o mantemento e pintado da varanda da ponte.

Dezaoito sondaxes

A inspección avaliará a capacidade de resistencia da estrutura e o seu estado, permitirá unha nova caracterización dos materiais que compoñen a ponte e fará posible estudar as condicións dos morteiros e argamasas empregados nas bóvedas e nos interiores dos piares.

A campaña prevé seis sondaxes verticais con recuperación contigua das testemuñas, seis perforacións inclinadas nas bóvedas, realizadas desde a superficie do pavimento e seis perforacións horizontais nas piastras. Os trades realizados repoñeranse fixando a testemuña con resina no lugar no que foi extraída.

As obras contan coa autorización oportuna do departamento autonómico de Patrimonio, como corresponde a un ben histórico das súas características. Os traballos implicarán a colocación dunha estada, o que obrigará a cortar un carril de circulación para maior seguridade tanto dos traballadores como dos usuarios da ponte.

A actual construción data do ano 1544

A ponte da Misericordia cruza a ría de Viveiro, desde a porta de Carlos V ata a capela da que recibe o seu nome. A primitiva estrutura ten orixe na dominación romana e deu nome á poboación (Vivario) pero a construción actual data de 1544.

Hoxe a ponte conserva nove arcos e debido ao aumento do tráfico, foi necesario o ensanche da calzada polo que se acometeron diversas modificacións nos anos 1878 e 1926 con obras de ensanche e restauración de plataformas; no 1949 ensanchouse novamente a calzada da ponte e fixéronse as beirarrúas; e no 1982 ampliouse a calzada e reforzouse a cimentación da ponte.

Fonte: http://www.xunta.gal/notas-de-prensa...cordia-viveiro
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Old March 28th, 2018, 07:53 PM   #70
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Boas:

Nota de prensa das Infraestruturas da Xunta de Galicia:

Quote:

Xunta e Goberno central achegaron 6,5 millóns de euros para impulsar preto de 300 actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas de Ribadeo

-O delegado territorial, José Manuel Balseiro, fixo balance dos recursos destinados ás dúas áreas de rehabilitación integral (Aris) declaradas no municipio: a do casco histórico e a do núcleo de Rinlo

Ribadeo (Lugo), 28 de marzo de 2018

A Xunta e o Goberno central destinaron máis de 6,5 millóns de euros para impulsar preto de 300 actuacións de rehabilitación de vivendas en Ribadeo a través das dúas áreas de rehabilitación integral declaradas neste municipio, en concreto, no casco histórico e na localidade de Rinlo.

Así o explicou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen fixo balance dos recursos económicos que o Goberno galego, en colaboración co Ministerio de Fomento, destinan a axudas para a mellora de inmobles -edificios ou vivendas- emprazados nestes espazos emblemáticos de Ribadeo, así como actuacións de urbanización.

Ari casco histórico

A área de rehabilitación do casco histórico da vila de Ribadeo foi declarada en 2001. Ao abeiro da mesma asináronse 12 convenios, con inicio o 3 de outubro de 2002, e remate o 31 de decembro de 2019. Ata o momento, leváronse a cabo 228 actuacións, cun orzamento executado de 5.777.066,25 euros, subvencionados pola Xunta e o Ministerio de Fomento.

No último acordo, asinado o 26 de outubro de 2017, programouse a rehabilitación de seis vivendas cunha achega de máis de 45.000 euros e 12.000 euros adicionais para obras de urbanización.

Ari Rinlo

Pola súa banda, a área de rehabilitación integral do Núcleo de Rinlo foi declarada en 2009. Asináronse 5 Convenios, con inicio o 22 de febreiro de 2010, e remate o 31 de decembro de 2019. Ata o momento leváronse a cabo 46 actuacións, cun orzamento executado de 817.158 euros.

No último acordo asinado o 26 de outubro de 2017, programouse a rehabilitación de dúas vivendas, por valor de 13.500 euros, e 4.000 euros adicionais para urbanización.

Solicitudes na oficina municipal de rehabilitación

A Xunta de Galicia e o Goberno central achegan os recursos económicos para outorgar estas axudas, mentres que o Concello é a entidade encargada de tramitar as mesmas a través da oficina municipal de rehabilitación.

Fonte: https://www.xunta.gal/notas-de-prens...300-actuacions
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Old April 20th, 2018, 06:52 PM   #71
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Boas:

Nota de prensa das Infraestruturas da Xunta de Galicia:

Quote:

A Xunta aproba de xeito definitivo a solución técnica para as instalacións que a empresa Vestas ten en Viveiro

-A Consellería de Infraestruturas e Vivenda tomou a iniciativa para desbloquear un problema que se prolongaba no tempo e busca apoiar a continuidade e futuro dunha das empreses máis importantes da comarca

Viveiro (Lugo), 20 de abril de 2018

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Axencia Galega de Infraestruturas pola que se aproba de xeito definitivo a solución técnica promovida polo Goberno galego para as instalacións que a empresa Vestas ten en Viveiro.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda dá por finalizado o procedemento que autoriza a redución da liña límite de edificación da estrada autonómica LU-161 Landrove (LU-540)-Ferreira do Valadouro (LU-160) no treito situado entre os puntos quilométricos 2+430 a 2+690, de tal xeito que a factoría xa non invade o espazo reservado a esta estrada autonómica.

O remate deste proceso contribúe a apoiar a continuidade e futuro dunha das empresas máis importantes da zona, tanto polo número de empregos que xera, como pola actividade económica a ela aparellada. A administración autonómica tomou a iniciativa ante unha situación que se estaba prolongando no tempo e en vista á falta de solucións alternativas. A proposta foi aceptada polo Concello de Viveiro.

Con esta solución o treito no que se establece a redución de anchura permitirá liberar as edificacións xa construídas pois a situación anterior provocaba inconvenientes entre outras cuestións para obter permisos de obra e impide posibles ampliacións, ou deixa fóra de ordenación espazos industriais en uso.

Fonte: https://www.xunta.gal/notas-de-prens...ns-que-empresa
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Old May 24th, 2018, 06:56 PM   #72
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Boas:

Nota de prensa das Infraestruturas da Xunta de Galicia:

Quote:

A Xunta entrega dúas vivendas de promoción pública no casco histórico de Viveiro

-O delegado territorial, José Manuel Balseiro, sinalou que os procesos de adxudicación sucédense con dilixencia e instou ás persoas interesadas a inscribirse no Rexistro Único de Demandantes

Viveiro (Lugo), 24 de maio de 2018

A Xunta de Galicia entrega hoxe en alugueiro dúas vivendas de promoción pública no Casco Histórico de Viveiro aos seus adxudicatarios, a primeira situada na rúa Melitón Cortiñas e a segunda en Rosalía de Castro.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu ao acto de entrega e sinalou que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que depende da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, xestiona con dilixencia os procesos de adxudicación para que se ocupen as vivendas de promoción pública que ten na provincia á maior brevidade posible.

Balseiro explicou que a recente renovación das listas permitiu reiniciar os chamamentos en Viveiro, que tiña vivendas baleiras pero esgotara a relación de candidatos. Neste sentido, instou ás persoas que estean interesadas en optar a unha vivenda de promoción pública a que se inscriban no Rexistro Único de Demandantes; poden realizalo presencialmente ou a través da sede electrónica da Xunta e ten unha vixencia de tres anos.

Este rexistro serve de base aos sorteos polos que se elaboran os listados de adxudicatarios nos distintos municipios; os últimos listados foron aprobados ante notario o pasado mes de febreiro.

Fonte: https://www.xunta.gal/notas-de-prens...torico-viveiro
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Old October 30th, 2018, 08:00 PM   #73
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Boas:

Nota de prensa das Infraestruturas da Xunta de Galicia:

Quote:

Augas de Galicia retirará a parte soterrada do actual emisario submarino de Viveiro coa fin de desbloquear os permisos pendentes de Costas para executar as obras do novo

-Á execución do novo emisario súmase ás actuacións proxectadas de mellora da rede e conexión á depuradora do núcleo de Celeiro, así como varias actuacións nas instalación da propia edar e o novo depósito de regulación das augas pluviais

-Resolto o escollo con Costas, Augas de Galicia espera estar en condicións de licitar as obra en 2019

-Na reunión abordaron tamén as incidencias detectadas e que debe subsanar o Concello para obter o informe favorable de Augas de Galicia ao PXOM

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018

Augas de Galicia retirará a parte non soterrada do actual emisario submarino de Viveiro coa fin de desbloquear a tramitación dos permisos pendentes da Demarcación de Costas do Estado, o que permitirá executar as obras do novo emisario. Así o trasladou esta mañá a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, á alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, nunha reunión mantida nas dependencias da entidade autonómica.

[…]

Fonte: https://www.xunta.gal/notas-de-prens...no-viveiro-coa
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Old November 21st, 2018, 07:55 PM   #74
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Boas:

Nota de prensa das Infraestruturas da Xunta de Galicia:

Quote:

A Xunta garante ao Concello de Viveiro a súa colaboración para paliar os danos dunhas chuvias extraordinarias e cunha probabilidade de producirse cada 500 anos

-Vázquez Mourelle confirma que a situación máis improbable que se podía dar chegou da man dun fenómeno absolutamente extraordinario, con consecuencias dramáticas, nunha zona catalogada como de risco potencial de inundación

-Sinala que a intensidade, a forza e a velocidade de baixada da auga arrincaron as árbores e os técnicos de Augas de Galicia aseguran que unha maior limpeza do río non tería podido evitar o sucedido

-Indica que os traballos actuais da Xunta se centran no urxente, co obxectivo de asegurar que nestes días non se reproduzan os mesmos problemas

-Avanza que o Goberno galego colaborará co Concello de Viveiro nas tarefas no treito urbano da zona baixa da Xunqueira e disporá un novo equipo de Augas de Galicia

-Salienta a importancia de analizar o acontecido e reflexionar conxuntamente para poñer os medios e tratar de evitar que se produzan problemas desta magnitude

-Reitera ao Concello a total disposición da Xunta a colaborar desde o coñecemento técnico de Augas de Galicia para adoptar as medidas que se consideren necesarias de cara ao futuro

Viveiro (Lugo), 21 de novembro de 2018

A Xunta de Galicia garante ao Concello de Viveiro a súa colaboración para paliar os danos dunhas chuvias extraordinarias e cunha probabilidade de producirse cada 500 anos.

[…]

Fonte: https://www.xunta.gal/notas-de-prens...dunhas-chuvias
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Old December 5th, 2018, 07:21 PM   #75
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Boas:

Nota de prensa das Infraestruturas da Xunta de Galicia:

Quote:

A Xunta destaca a súa colaboración co Concello de Viveiro para paliar os danos das chuvias extraordinarias e avoga por traballar conxuntamente na prevención de asolagamentos

-Vázquez Mourelle deu conta dos informes dos especialistas en xestión de leitos fluviais, que indican que o desbordamento do río debeuse á forza e a velocidade de baixada da auga que arrincou árbores que obstruíron o río

-Salienta que a Xunta puxo desde o primeiro momento á disposición do Concello os medios de conservación de estradas e 3 equipos de Augas de Galicia que continúan a traballar na retirada dos residuos do río

-Aclara que a limpeza da maleza do río no treito urbano do barrio da Xunqueira correspóndelle ao Concello, para o que a Xunta pon a súa disposición as ferramentas que axilizan as tarefas de mantemento e conservación do dominio público hidráulico

-Apunta a necesidade de impulsar unha reflexión conxunta para evitar este tipo de sucesos tráxicos, desde o punto de vista da xestión dos ríos, da protección civil e do urbanismo

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2018

A conselleira de Infraestrutura e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou hoxe a colaboración do Goberno galego co Concello de Viveiro para paliar os danos causados polas chuvias extraodinarias vividas o pasado 18 de novembro no núcleo de Xunqueira. Ademais, a conselleira avogou por continuar a traballar conxuntamente para abordar, desde o punto de vista da xestión dos ríos, da protección civil e do urbanismo, a necesaria prevención dos asolagamentos.

[…]

Fonte: https://www.xunta.gal/notas-de-prens...os-das-chuvias
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Old December 20th, 2018, 07:35 PM   #76
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Boas:

Nota de prensa das Infraestruturas da Xunta de Galicia:

Quote:

A Xunta mantén a súa disposición a seguir traballando da man do Concello de Viveiro e as demais administracións para poñer os medios necesarios que eviten repetir o sucedido en Xunqueira

-Indica que Augas de Galicia continua colaborando coa Administración local nos traballos para a recuperación das zonas afectadas polas chuvias nesta zona catalogada de risco potencial significativo de inundacións

-Concreta que para axilizar os traballo para paliar os danos causados polas extraordinarias chuvias do 18 de novembro a Xunta artellou nos primeiros momentos a Declaración de Emerxencia

-Abunda en que os informes técnicos apuntan a un desbordamento do río debido á forza e a velocidade de baixada da auga que arrincou árbores obstruíron o mesmo

-Explica que os traballos de retirada de arrastres do río se está a realizar en paralelo ás tarefas de limpeza do Concello, responsable da conservación do treito urbano

-Incide que a Xunta facilita ao Concello as ferramentas que axilizan as tarefas de mantemento e conservación do dominio público hidráulico

-Lembra como desde os primeiros días Xunta e Concello coinciden na necesidade de priorizar os traballos de limpeza e asistencia aos afectados e avaliar os danos e, en función diso, continuar actuando

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2018

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, destacou hoxe que a Xunta mantén a súa disposición para seguir traballando da man do Concello de Viveiro e as demais administracións, para poñer os medios necesarios para tratar de evitar que o sucedido en Xunqueira se poida volver repetir.

[…]

Fonte: https://www.xunta.gal/notas-de-prens...dministracions
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Old January 15th, 2019, 06:45 PM   #77
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Boas:

Nota de prensa das Infraestruturas da Xunta de Galicia:

Quote:

Augas de Galicia e o Concello de Viveiro analizan os traballos pendentes nas zonas afectadas polas riadas de novembro

-Nunha primeira fase, os equipos da Xunta actuaron no leito e as marxes do río Fontecova, á altura da ponte da rúa Camiño, seguindo augas arriba coa retirada de atascos nas estruturas e nos pasos e estendendo os mesmos ao río Trasposta

-A continuación, as actuacións centráronse no dragado do material que colmaba a sección do leito no treito do núcleo principal do barrio de Xunqueira, coa retirada de fragmentos procedentes de muros, paredes, pontes, biondas e varandas

-A Xunta de Galicia leva achegado un investimento que supera os 100.000 euros

-Aos traballos de Augas de Galicia súmanse os da Axencia Galega de Infraestruturas, cuxos técnicos xa limparon máis de 2.500 metros de conducións e máis de 500 sumidoiros e pozos de rexistro

-O estudo técnico dos traballos pendentes revela dificultades pola inaccesibilidade da zona e os condicionantes do desenvolvemento urbanístico que o Concello debe resolver

Viveiro (Lugo), 15 de xaneiro de 2019

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, desprazouse hoxe ata a Viveiro para abordar coa alcaldesa, María Loureiro, a situación das zonas afectadas polas inundacións de novembro e os traballos pendentes de realizar.

[…]

Fonte: https://www.xunta.gal/notas-de-prens...onas-afectadas
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Old February 21st, 2019, 07:03 PM   #78
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Boas:

Nota de prensa das Infraestruturas da Xunta de Galicia:

Quote:

A Xunta somete a información pública as obras nos colectores xerais de saneamento e a nova EDAR de Foz, cun orzamento de máis de 12,2 millóns de euros

-Esta actuación esta deseñada para dar servizo a 22.342 habitantes, cubrindo as necesidades de residentes e a poboación estacional que case triplica á fixa

-A súa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia abre o prazo de consulta durante 30 días hábiles, a contar desde mañá

-O anteproxecto deseñado por Augas de Galicia prevé a execución dunha nova estación depuradora na zona de Caldouceiro con capacidade suficiente para o tratamento dos caudais xerados e intervencións na rede de saneamento

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2019

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se somete a información pública o anteproxecto e estudo de impacto ambiental da actuación nos colectores xerais de saneamento e da nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Concello de Foz, cun orzamento de máis de 12,2 millóns de euros.

[…]

Fonte: https://www.xunta.gal/notas-de-prens...aneamento-nova
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Old February 25th, 2019, 08:37 PM   #79
Andrex1986
Registered User
 
Join Date: Jul 2007
Posts: 23,136
Likes (Received): 5407

Boas:

Nota de prensa das Infraestruturas da Xunta de Galicia:

Quote:

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Alemparte no concello de Foz

-Estes traballos de mantemento levaranse a cabo no treito interurbano deste río, ao seu paso pola parroquia de Cangas

-As obras consistirán na retirada de árbores e pólas caídas sobre a canle e as marxes do río, así como da madeira morta existente

-As actuacións enmárcanse no mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte, que desenvolve o Goberno galego

-A Xunta continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2019

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no río Alemparte, no Concello de Foz.

[…]

Fonte: https://www.xunta.gal/notas-de-prens...e-concello-foz
Andrex1986 no está en línea   Reply With Quote
Sponsored Links
Advertisement
 


Reply

Tags
foz

Thread Tools

Posting Rules
You may not post new threads
You may not post replies
You may not post attachments
You may not edit your posts

BB code is On
Smilies are On
[IMG] code is On
HTML code is Off



All times are GMT +2. The time now is 01:45 PM.


Powered by vBulletin® Version 3.8.11 Beta 4
Copyright ©2000 - 2019, vBulletin Solutions Inc.
vBulletin Security provided by vBSecurity v2.2.2 (Pro) - vBulletin Mods & Addons Copyright © 2019 DragonByte Technologies Ltd.
Feedback Buttons provided by Advanced Post Thanks / Like (Pro) - vBulletin Mods & Addons Copyright © 2019 DragonByte Technologies Ltd.

SkyscraperCity ☆ In Urbanity We trust ☆ about us