SkyscraperCity Forum banner

Galicia | Integración Urbanística

3834 Views 41 Replies 14 Participants Last post by  Markhoz
En serio que isto che parece axeitado para un Casco Vello? Xa non me meto no tema da calidade arquitectónica. Pero, repito para un Casco Vello?





O único edificio supermoderno do CV que non me disgusta é este, e aínda así tampouco creo que debera estar onde está:



Todas estas construccións lle quitan personalidade ao Casco Vello. Non deberían ter cabida na súa localización porque rompen completamente co seu entorno, en lugar de melloralo. O máis incrible de todo é que sexan promovidas por entidades públicas.

En canto ao que dis dos "pastiches", podo entender esa opinión se o edificio non está ben feito. Pero un edificio clásico construido en tempos contemporáneos tamén pode ser moi bonito. Todos estes foron construidos nos últimos 10 anos:









PD- Perdón polo tamaño dalgunhas das imaxes. Non sei como se pode cambiar.
Todas las reconstrucciones (que muchas no son rehabilitaciones) del Casco Vello me gustan.

A mi es que los pastiches me horrorizan. Me encanta Vigo, pero no tenemos un patrimonio tan espectacular como para convertirnos en un parque temático. Prefiero seguir siendo una ciudad vanguardista que no tiene miedo a evolucionar.
1 - 5 of 5 Posts
^^

Pois eu non podería estar máis en desacordo. Esas construcións non lle dan carácter ningún, porque o carácter dun casco vello vén dado, principalmente, pola arquitectura tradicional local, que é única con respecto ao resto do mundo. Moitas das "rehabilitacións" correspóndense con edificios modernos que, ademais de feos (na miña opinión, pero non me meto niso), poderían estar perfectamente en Canadá, Dinamarca, ou China. Que ten iso de característico? Como se pode dicir que iso é "darlle carácter", se ese mesmo edificio non represanta unha construción única que iconfundiblemente se atopa nun casco vello galego? Como moito, aceptaría que se condfundise con Portugal pola semellanza que caracteriza ás arquitecturas tradicionais de ámbalas dúas beiras do Miño. Desafortunadamente, ese non é o caso.

Obviamente, unha cidade está en constante movemento e transformación. Pero iso non significa que debamos deixar morrer o patrimonio, ou incluso que o destrocemos nós para crear elementos urbanos que non melloran en absoluto aos seus predecesores - ou, incluso, os empeoran. Isto é o que aconteceu en Europa na segunda metade do s.XX coas ideas de Le Corbusier que tanto dano fixeron ás cidades de Occidente, e segue a acontecer en moitos lugares hoxe en día, malia que moitos outros seguen camiños opostos. Véxanse as rehabilitacións de ducias de cidades e vilas polacas; a reconstrución da cidade alemá de Dresden; ou o pequeno país de Bhután, cuxas leis proíben a construción de edificios que non sexan no estilo proprio do país. Este derradeiro exemplo é, sen dúbida, de carácter extremo, mais consegue o seu obxectivo de darlle cohesión, singularidade e o moi debatido nos últimos posts "carácter".

En resumo e volvendo ao tema destas construcións: non vemos este tipo de edificios modernos no Casco Vello de Santiago, no de León ou no de Edimburgo, por mencionar algunhas cidades coñecidas a nivel nacional e internacional polos seus conxuntos históricos. Por que si en Vigo?
Grazas por mostrar un exemplo que apoia o meu argumento... Vaia desfeita :bash:

É dicir, vale, igual existen un ou dous casos, pero macho, non me digas que iso é unha boa integración de arquitectura moderna nun contexto tradicional...

Por outra banda, estou dacordo co que comenta Brigantín. E probablemente a arquitectura tería evolucionado dunha forma máis ou menos estética, aínda que quizais non tan ornamental como a arquitectura puramente clásica e máis práctica ca esta, de non seren por Le Corbusier. De feito, se miramos edificios modernistas de comezos do século XX, eran tropecentasmil veces máis fermosos que os de décadas vindeiras. O Edificio Daily Express, por exemplo, foi construido en Manchester nos anos 30:



Non é o meu edificio predilecto... Pero, en comparación co que viu despois, parece a Catedral de Santiago. Claro que eu prefiro este, a Biblioteca Pública Central de Manchester, que, curiosamente, foi construida na mesma década:





En fin, bo debate, aínda que igual deberíamos crear un fío específico para este tema.
Grazas por crear este fío a quen o fixese! :cheers:

Yo no estoy en contra de que se reconstruyan edificios representativos de manera excepcional y siempre que desapareciesen por motivos catastróficos (incendio, guerra, terremoto), pero tienen que ser edificios que tuviesen un valor histórico más allá de lo estético.

Lo que me molesta es que en el siglo XXI se construya obra nueva asi. La primera de las fotos que me pones no es de mi gusto, pero no considero que se esté engañando a nadie, sin saber tampoco a qué país te estás refiriendo (entiendo que no es España).

Está claro que cada uno tiene puntos de vista diferentes. Yo, por profesión, afición y personalidad, tiendo a lo contemporáneo y lo rupturista, entiendo que hay gente más conservadora, quizá sean cosas de la edad... :lol:

Lo que si que está claro es que nos estamos cargando un hilo que ni siquiera tiene que ver con la construcción ni la arquitectura jaja
Iso que resalto en negriña debe ser o único no que estamos dacordo. :lol:

Non hai unha única resposta, iso está claro. Tamén, como comentas ti, creo que ten que ver, en parte, coa profesión. Certo é que hai algúns arquitectos, malia que moi poucos, cuxas construcións adoitan ser en estilos tradicionais (Léon Krier, Robert Adam, Robert A. M. Sterm, Rafael Manzano - sendo este último o único que coñezo en España, etc). Mais a maioría de arquitectos prefiren deseños rompedores, innovadores e valientes.

Unha cousa que me parece moi curiosa é que teño a sensación de que esta preferencia vén dada en moitos casos pola educación recibida nas escolas de arquitectura. Eu teño un exemplo persoal que corrobora esta teoría (aínda que non é máis ca un, polo de agora). Hai un par de anos coñecín a unha estudante de arquitectura romanesa, coa que me puxen a falar do tema da arquitectura neotradicional (ou neoclásica; realmente non hai un nome fixo). Díxome que ela, antes de comezar a carreira, prefiría a arquitectura clásica. Mais unha vez comezou os seus estudos superiores, amodiño e case sen enterarse, as súas preferencias mudaron cara ao modernismo. Isto pódese deber a que, simplemente, se decatou de que lle gusta máis ese estilo. Pero tamén se pode deber a unha falta de educación en arquitectura clásica. Explícome: se o que che ensinan é que o modernismo é o único estilo arquitectónico válido para a nosa época; se non che ensinan a deseñar construcións clásicas; e se che "inculcan" as ideas de Le Corbusier e outros arquitectos coma el, pode ser que deixes de considerar a arquitectura clásica unha opción para os nosos tempos.

Porén, eu, persoalmente, coñezo a moita máis xente cuxas profesións nada teñen que ver coa arquitectura ou o urbanismo que prefiren edificios clásicos a edificios modernos. Por iso creo que a arquitectura de hoxe en día non satisface as demandas reais da poboación en xeral, senón os desexos de innovar da élite arquitectónica actual.
Uf... Teño moito que comentar. :lol:

En primeiro lugar, sinto moito discrepar, mais ese museo do CV da Coruña paréceme non só horrible, senón o seguinte. Eu o único que vexo aí é un edificio brutalista dos 60 que foi recentemente tapiado e agarda demolición. En serio, iso é o que ese edificio me parece.

Os materiais non pegan, non ten fiestras, on inclúe ningún (pero nada, eh?) elemento decorativo... O único bo que ten, e niso si que estou dacordo, é que se axusta á escala dos edificios antigos do CV.

Con respecto á nova sede da UVigo no Berbés... En fin. Unha gran oportunidade que vai ser desperdiciada. Un edificio clásico quedaría tan, tan ben nesa localización... Porén, non é nin de lonxe o peor que hai no Casco Vello vigués, xa que, polo menos, emprega materiais axeitados (ao contrario que os outros exemplos que puxen antes).

Nomentres, isto é o que fan en Malmö, Suecia, nun solar baleiro no medio dunha zona histórica:







Cadaquén ten os seus gustos, claro, pero a mín dáme isto e non o que se fai en Vigo...
1 - 5 of 5 Posts
This is an older thread, you may not receive a response, and could be reviving an old thread. Please consider creating a new thread.
Top