SkyscraperCity Forum banner
1 - 1 of 1 Posts

· Geografía y obra civil
Joined
·
8,893 Posts
^^

Pois eu non podería estar máis en desacordo. Esas construcións non lle dan carácter ningún, porque o carácter dun casco vello vén dado, principalmente, pola arquitectura tradicional local, que é única con respecto ao resto do mundo. Moitas das "rehabilitacións" correspóndense con edificios modernos que, ademais de feos (na miña opinión, pero non me meto niso), poderían estar perfectamente en Canadá, Dinamarca, ou China. Que ten iso de característico? Como se pode dicir que iso é "darlle carácter", se ese mesmo edificio non represanta unha construción única que iconfundiblemente se atopa nun casco vello galego? Como moito, aceptaría que se condfundise con Portugal pola semellanza que caracteriza ás arquitecturas tradicionais de ámbalas dúas beiras do Miño. Desafortunadamente, ese non é o caso.

Obviamente, unha cidade está en constante movemento e transformación. Pero iso non significa que debamos deixar morrer o patrimonio, ou incluso que o destrocemos nós para crear elementos urbanos que non melloran en absoluto aos seus predecesores - ou, incluso, os empeoran. Isto é o que aconteceu en Europa na segunda metade do s.XX coas ideas de Le Corbusier que tanto dano fixeron ás cidades de Occidente, e segue a acontecer en moitos lugares hoxe en día, malia que moitos outros seguen camiños opostos. Véxanse as rehabilitacións de ducias de cidades e vilas polacas; a reconstrución da cidade alemá de Dresden; ou o pequeno país de Bhután, cuxas leis proíben a construción de edificios que non sexan no estilo proprio do país. Este derradeiro exemplo é, sen dúbida, de carácter extremo, mais consegue o seu obxectivo de darlle cohesión, singularidade e o moi debatido nos últimos posts "carácter".

En resumo e volvendo ao tema destas construcións: non vemos este tipo de edificios modernos no Casco Vello de Santiago, no de León ou no de Edimburgo, por mencionar algunhas cidades coñecidas a nivel nacional e internacional polos seus conxuntos históricos. Por que si en Vigo?
¿Non os vemos?

https://www.google.es/maps/@42.8800235,-8.5437872,3a,75y,258.18h,111.07t/data=!3m6!1e1!3m4!1syubc27nQB4RK0Tl2wuh7fQ!2e0!7i13312!8i6656?hl=es
 
1 - 1 of 1 Posts
This is an older thread, you may not receive a response, and could be reviving an old thread. Please consider creating a new thread.
Top