Pois mirade, eu si que son arquitecto, mais penso que no tocante a cascos vellos e rehabilitacións cómpre ser moi delicado. ¿Contemporáneo? Sempre: se temos técnicas coas que podemos facer as cousas mellor que hai cen anos, sería de bobos non usalas. E se imos usar técnicas contemporáneas, a linguaxe debería ser contemporánea. Pero penso que moitas veces asociamos contemporáneo con futurista, rupturista, e outros -istas que non deixan de ser estilísticos e pouco relevantes, especialmente cando conducen a formas sen máis xustificación que seren transgresoras pero sen motivos funcionais nin compositivos detrás.
¿Rupturista, rompedor... con qué? Un non pode pretender basear toda a arquitectura en romper con cousas. Un ten que ser fiel á idea, non ter medo de que se un espacio pode ser mellor de certo modo non se poda facer porque non o permite o "estilo". Máis que rompedor chamaríalle "independente". Pódese ser independente mais sereo, respectuoso, non cómpre que o novo berre "estou aquí, mírame!!" por riba do vello edificio.
Exemplo de "rehabilitación" difícil de mirar, e como esa moitas outras deste señor (Daniel Libeskind) e moitas outras que coñecemos por estes lares. Como dixo un profesor meu, "é como se o pallaso de Micolor estivera a darlle patadas a Frank Sinatra".
Rehabilitación "invisible" do convento de Santa María de Bouro (Souto de Moura). Unha actuación discreta ata o extremo, na que se puxo infinito coidado en que o protagonismo fose todo para o preexistente, e con todo, aí cabe un hotel.
Casa Gugalun (Peter Zumthor). A parte contemporánea ten linguaxe contemporánea e técnicas contemporáneas; con todo, parecera que "sempre estivo aí". Esa e a miña forma favorita de facer arquitectura, linguaxe contemporánea, pero que sente no sitio coma se fose milenario. E iso non depende tanto de usar unha linguaxe moderna ou "clásica", senón dos espazos, volumes, texturas, luces e sombras, cores... independientemente da linguaxe que se use. E de feito, o principal motivo polo que non aturo os pastiches é porque sobreimpoñen unha linguaxe "clásica" (que a saber qué é clásico, porque moitas veces é un batido de estilos dende medieval ata decimonónico) a edificios con volumes e espazos para os que eses estilos non teñen resposta, e pasan cousas raras. Edificio Conde de Fenosa, por exemplo.