Algunhas cousas que cómpre saber sobre Urban
Estimados amigos deste foro. Infelizmente paso poucas veces por aquí e agora, teño que recoñecelo, tampuco puiden lér tódalas intervencións deste fío, agás a que o inicia e algunhas das seguintes.
A Gran Teoría da Conspiración Norte contra Sur está, en todo caso, por ser demostrada. Non teño datos abondo coo para chegar a ter indicios de que tal cousa se produza. Recoñezo que a miña intelixencia rebélase contra tal posibilidade (tal vez peco de excesivo cartesianismo e debo cambiar máis á práctica dunha intuición beninitencionada....), pois escápanseme os motivos profundos de tal existosa conspiración, sobre todo tendo en conta que a potencia económica de Galicia está en Vigo e ter tal capacidade, normalmente no mundo que vivimos, adoita supoñer tamén unha maior capacidade de decisión noutros ámbitos. Claro que, se cadra, as "forzas" económicas de Vigo deixan o rollo localista para consumo de masas ás que ter entretidas con cuestións máis das vísceras cá da cabeza. Por exemplo, a viguísima e surgalega Caixanova leva "séculos" investindo máis fóra de Vigo que en Vigo mesmo. Mentres na nosa cidade a duras penas aporta un par de patacóns, acaba de mercar dous importantísimos e carísimos inmobles históricos no Casco Vello de Compostela para construír un inorme Centro Cultural (a sumar ás infraestructuras culturais existentes e que virán: audotorio de Galicia, Multiuosos, Pazo de Congresos, Cidade da Cultura). En total, un investimeno maior có de Urban a base dos aforros dos inxenuos localistas do Sur.
Vén isto a conto da polémica sobre o Urban Vigo. En Primeio lugar, Enjoy, habería razóns obxectivas (sobre todo pertencentes ao ámbito do "compensatorio") para non concederlle este novo Urban a Ourense: despois de recibir Vigo e Coruña os fondos Urban na convocatoria de 1994, a cidade de Ourense, da man daquel concelleiro egrexio q.e.p.d. (lembrádevos?) Xosé Cuíña, recibíu un milmillonario programa autonómico para a rehabilitación do seu Casco Histórico. A ventaxa sobre Coruña e Vigo daquela, é que a Ourense déuselle a cantidade íntegra, sen que a cidade puxese un só peso, pois non se esixíu cofinanciamento. Ademais, Ourense tampouco tivo que pasar polos duros controis e sistemas de xustificación de gasto que a Unión Europea impón para este tipo de programas. Pero qué sorte tivo Ourense!, porque despois deste regalo dos colegas da Xunta (por certo, que creo que tamén recibiu Pontevedra..), accedeu ao programa Urban II. E ninguén lles reclamou o "adianto" de Cuíña!!. Ou sexa, que neste tema deste concreto programa de rexeneración urbana, Ourense non é nin foi discriminado (segurísimo que noutras cousas si, en serio).
Vexamos o caso de Urban en Vigo. O Concello executou un Urban para o seu Casco Vello no período 1994-1999, cun investimento duns 2.300 millóns das antigas pesetas (un 30% das cales de financiamento municipal). Verbo de Urban II, non era posible en toda Europa -agás dun pequenísimo grupo de cidades que excepcionalmente si puideron acceder- que unha cidade repetise. Deixemos pois esta segunda convocatoria para Ourense e fixémonos na terceira, en cuestión nestes días. Pois ben: aínda que nos creamos que a Unión Europea funciona con criterios chapuceiros e volubles ás influencias dos listillos de turno como por aquí, as cousas non funcionan exactamente así. Se vos molestades en ver os criterios para a selección de proxectos Urban veredes a complexidade que está detrais e o seu perfecto encadramento nas directrices e recomendacións da Comisión Europea para as políticas de rexeneración urbana. MInisterio de Economía e Facenda é o xestor estatal, neste caso, de fondos procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e, necesariamente, ten a obriga de aplicar as normas e procedementos da Comisión, pois o MInisterio é supervisado e os proxectos auditados pola Unión (e non por un cheíñas que pasaba por aí e que se pode vender por unha copa nun bar próximo). Vigo NECESITABA os fondos deste Plan Urban, Teis necesita un proxecto integral e integrado de rexeneración urbana como comer. Pero Abel Caballero non fixo os deberes: contratou a unha consultora "amiga", pero de calidade e de experiencia nestas lides non garantida, para a redacción do proxecto. Coruña e Lugo seleccionaron Consultoras independentes: EOSA e IDOM, penso, respectivamente, porque se xogaban moito e, eles si, sabían que unha parte importante da decisión ía depender da calidade e capacidade de autodefensa do proxecto técnico presentado. ¿Quen seleccionou?: unha comisión formada por catro ministerios, oída a FEMP e a Xunta de Galicia. Unha Comisión, cónstame, cunha composición fundamentalmente técnica. E o proxecto de Vigo, de tan malo, non foi defendible. Coruña, que non entraba na quiniela inicial (só se prevía a concesión de 3 proxectos para Galicia), entrou contra todo pronóstico (aquí xogaban os criterios de compensación e tódolos boletos os tiñas Lugo, Ferrol e Santiago que nunca recibiran este tipo de fondos) e de rondó porque, estou seguro, o proxecto presentado era moi bo os seleccionadores "entraron" por el. Vigo -o seu goberno municipal, o seu alcalde, o concelleiro encargado desta iniciativa- pasou de todo, presentou un mal proxecto sen elementos de integración e integralidade (con meras relacións de obras) que a Comisión esixe expresamente na convocatoria para optar á selección. E de aqueles polvos veñen estes lodos.
Para máis inri, a reacción cínica "viguista" do noso alcalde e localistas de variada pelaxe, só lograrán enfadar moito ás persoas que responsablemente toman estas decisións: malos antecedentes para o noso currículum en Madrid e en Bruselas...
O pensamento positivo, xerador, activo, neste tema é o de esixir responsabilidades aos que alegremente, descoñecendo, ignorando ou desprezando directamente a práctica na concesión dos programas con fondos comunitarios, fixo nunha patada un proxecto impresentable, indefendible. Tan impresentable que aos poucos días de anunciar Caballero a súa presentación, dabase a noticia de que a gran actuación "pública" (PXOM) no degradado barrio de Teis era algo tan pouco rexenerador e con tan pouca capacidade sinérxica como especular coa única zona urbana aberta de Teis, tirar o mercado e dar unha edificabilidade desmesurada con centro comercial incluído.
Pelexemos porque se elabore un auténtico e críble proxecto de rexeneración para Teis, que se busque baixo as pedras financiamento (v.gr. as millonadas que se pretenden gastar con cargo á fantasmada da Universiada) e que se poñan máis á obra para compensar a esta castigada zona de Vigo de tódalas desgracias urbanísticas e socioeconómicas vidas despois da guerra civil. Neguémonos a pensamentos victimistas que os nosos gobernantes queren xerar en nós para eludir as súas responsabilidades acudindo ás nosas vísceras para que non usemos o cerebro.
Sinto infinitamente extenderme tanto. Si o fago é porque valoro aos lectores deste foro e porque penso que é na riqueza dun pensamento complexo contemporáneo onde está a esperanza dunha conciencia urbana non alienada. Mil perdóns e moitos saúdos.
Pablo Eifonso
Redacción de vigoblog.